Mércores, 13 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A Xunta destina 400.000 euros a obras de saneamento en Nigrán

A Xunta destina 400.000 euros a obras de saneamento en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Os edís de Nigrán reunidos có conselleiro de medioambente.

A Consellería de Medio Ambiente achegará 400.000 euros durante o próximo exercicio para diferentes obras de saneamento e abastecemento de auga potable en Nigrán.

Así o confirmou onte o titular da Xunta, Manuel Vázquez, ao alcalde, Efrén Juanes, e aos edís Juan Hermida e Juan González, durante unha reunión que mantiveron na sede da Xunta en Santiago.

O capital será investido en diferentes actuacións para estender as redes principais nos lugares máis necesitados do municipio. Unha das prioridades será finalizar a instalación de tubaxes na parroquia de Chandebrito, que terá un custo aproximado de 80.000 euros. Esta achega tamén servirá para mellorar o funcionamento da planta potabilizadora, coa instalación dun novo decantador e un sistema de filtrado para eliminar os sólidos en suspensión. O Concello deberá agora realizar un proxecto das obras previstas e presentalo ao departamento autonómico, a fin de analizar as posibilidades técnicas das obras.

O Conselleiro de Medio Ambiente tamén se comprometeu a achegar o financiamento para a construción dun punto limpo en Nigrán, aínda que antes os responsables municipais terán que pór un terreo á súa disposición, para o que xa empezaron a negociar con Zona Franca a súa instalación en Porto do Molle.

A posta en marcha destas instalacións permitirá clausúraa dalgúns vertedoiros incontrolados do municipio. O obxectivo do goberno municipal é que o selado dun vertedoiro situado cerca do IES Val Miñor e de Porto do Molle poida incluírse dentro dun programa financiado pola Xunta, tal e como foi aprobado polo pleno o ano pasado a proposta do PSOE, aínda que o goberno municipal de entón non tramitou o acordo plenario.

Esta actuación abordarase nunha próxima reunión co director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Joaquín Buergo do Río.