Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Final feliz da búsqueda dunha veciña de 90 anos desaparecida en Camos

Final feliz da búsqueda dunha veciña de 90 anos desaparecida en Camos

Correo-e Imprimir PDF

Unha señora de noventa anos desapareceu na tarde do martes na parroquia nigranesa de Camos. A causa da súa desaparición achacábase á desorientación para poder regresar ao fogar. Saiu pola tarde a dar un paseo como de costume, pero os familiares tiveron que avisar á poilicia cando chegaba a notie e ainda non regresara a casa.
Ver vídeo TVG

A policía local e protección civil (GRUMIR) de Nigrán, abriron un dispositivo de rastreo é busqueda da lonxeva veciña no radio da contorna da súa casa no Rial, en Camos. A busqueda durou ata as 4 da mañá e reanudouse ás 8 do día seguinte.  O xoves pola mañá desprazouse ata o lugar o alcalde de Nigrán Efrén Juanes e a concelleira Purificación Leal para interesarse e ofrecer o apoio do concello á familia na búsqueda. Minutos despois a muller foi atopada tendida nun campo de millo próximo a súa casa con claros signos de hipotermiae desorientación.

A muller foi atendida de urxencia nunha ambulancia que se desprazou ata o lugar. A concelleira de xuventude Puri Leal mesmo deixou por un momento o seu cargo institucional e asumiu o seu posto médico para facer o recoñecemento á muller na propia ambulancia.

A muller foi trasladada ao centro médico Povisa malia que no seu diagnostico inicial non corría grave perigo.