- Está destinado ás persoas, maiores de 55 anos, do municipio
- O prazo de inscrición remata o 12 de setembro
Sociedade
Abren inscricións para cursos de Estimulación da Memoria e Ximnasia de Mantemento en Gondomar.
Nigrán despide aos nenos saharauís que pasaron o verán na comarca
O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, e a concelleira de Benestar Social e Sanidade, María del Carmen Alonso-Macías, despediron hoxe a cinco dos nenos saharauís que gozaron de dous meses de estadía na comarca, grazas á SOGAPS (Solidariedade Galega có Pobo Saharauí).
O Concello de Gondomar despide aos nenos saharauis que pasaron o verán no Val Miñor
-A estancia inscríbese dentro do programa 'Vacacións en paz', posto en marcha pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui- O acto de despedida celebrouse no Parque da Coelleira cunha merenda á que asistiron o alcalde do municipio, Fernando Guitián e a concelleira de Benestar Social, Patricia Durán; ademais dos nen@s e as súas familias de acollida
O programa Clara de inserción laboral e mellora da participación social da muller abre inscricións no Val Miñor.
-A Mancomunidade do Val Miñor anuncia a apertura de inscricións -cun límite de 25 prazas- para mulleres empadroadas na bisbarra que desexen participar do programa Clara promovido polo Instituto da Muller do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade de España.
-O programa de entre oito e dez meses de duración, abrangue unha serie de actuacións co fin de incrementar a inserción laboral e participación social das asistentes ao proxecto.
- Os criterios que deben reunir as aspirantes a participar no programa veñen determinados polo Instituto da Muller, debendo estar incluídas nalgún dos seguintes colectivos: responsables de núcleos familiares, vítimas de violencia de xénero, inmigrantes e emigrantes retornadas, recluídas, paradas sen titulación, maiores de 45 anos, mulleres con discapacidade e mozas sen cualificación.
De Vilariño a Morgadáns
A Parranda de San Pedro e San Roque conseguiu reunir este ano a máis de 500 persoas na súa tradicional peregrinaxe desde Vilariño até Morgadáns, un percorrido duns 9 quilómetros que desde hai máis de 90 anos realízase como mostra de fe a San Roque. As actividades comezaron á primeira hora, prolongándose ao longo de todo o día. Música, comida, charanga e diversión até as 19.00 horas, cando a Parranda iniciará a viaxe de volta aos seus respectivos fogares.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL