Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Abren inscricións para cursos de Estimulación da Memoria e Ximnasia de Mantemento en Gondomar.

Abren inscricións para cursos de Estimulación da Memoria e Ximnasia de Mantemento en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

- Está destinado ás persoas, maiores de 55 anos, do municipio
- O prazo de inscrición remata o 12 de setembro

O Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Benestar Social, abre o prazo para inscribirse nos cursos de "Estimulación da Memoria" e "Ximnasia de Mantemento", destinado ás persoas maiores de 55 anos do municipio.
Os interesados poden informarse e presentar as súas solicitudes ata o 12 de setembro no Departamento de Benestar Social do Concello, sito na Casa da Cultura, na planta baixa.