Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

A comisión de Festas Santa Mariña de Vincios comeza unha campaña de recolleita de alimentos.

Correo-e Imprimir PDF

A comisión de Festas Santa Mariña de Vincios, organiza unha "Chourizada Benéfica" o vindeiro sábado 25 de maio ca fin de recoller alimento non perecedoiro, en axuda de todas as familias necesitadas do concello de Gondomar e arredores. A partir das 18:00h poden empezar a depositar os alimentos no Adro de Santa Lucía en Vincios, e farase durante todo o día ata que remate a verbena programada a partir das 21:00h amenizada por grupos de música colaboradores, na que se poderá degustar bocadillo de chourizo e taxa de viño por só 3.50 euros.

Para esta actividade contarase con carpa cuberta.

Comezan os traballos para a elaboración das alfombras do Corpus Christi de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

Corpus-2-Este ano volven participar na festividade as parroquias de Chaín, Vincios, Couso, Mañufe e Peitieiros, que se suman ás agrupacións de Gondomar

-Os grupos de traballo reuniranse durante un mes aproximadamente na carpa situada na Alameda e nos distintos Centros Culturais das parroquias.

Máis de 40.000 persoas participan nas mobilizacións convocadas en Galicia contra a LOMCE.

Correo-e Imprimir PDF

480341 549563185096452_47436811_n-A CIG valora como un éxito rotundo a folga contra a LOMCE, que secundou segundo as súas estimacións, preto do 90% do profesorado e do alumnado

Unha nova folga desafía á lei educativa do goberno de Rajoy

Correo-e Imprimir PDF

 

non lonce-A Plataforma en Defensa do Ensino chama "a toda a sociedade" a manifestar este xoves. Haberá protestas en cinco cidades galegas

A Plataforma en Defensa do Ensino Público chamou "a toda a sociedade" a manifestar un rexeitamento "rotundo" contra a Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (Lomce), sumándose á folga xeral do sistema educativo convocada para este xoves en todo o Estado e ao cinco protestas que se celebrarán na comunidade galega.

Xeira arqueolóxica dos alumnos do CEIP Chano Piñeiro nos montes de Couso

Correo-e Imprimir PDF

DSC02857Este sábado 4 de maio a partir das 17 horas, os alumnos do CEIP Chano Piñeiro (Gondomar), participarán dunha andaina polos xacementos arqueolóxicos localizados en terras da Comunidade de Montes de Couso. Coa guía dos especialistas do Instituto de Estudos Miñoranos, o arqueólogo Xosé Lois Vilar e mais o profesor Xilberte Manso, percorrerán unha ruta que permite visitar as pegadas da prehistoria miñorana, entre mámoas, petróglifos e castros diseminados ao longo do monte.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL