Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

Un “Quijote” gondomareño desafía os camiños de Europa a mochila e sen cartos.

Correo-e Imprimir PDF

quijote rosasCon pouco máis do que cabe nunha mochila, case sen cartos, mais cunha fonda determinación, Josué Villar, veciño de Mañufe (Gondomar) decidiu enfrontarse ós camiños de Europa. Cumprirá catro semanas nesta aventura persoal que o levou a aparcar o seus estudos en ciencias políticas así como os compromisos políticos na formación local de Esquerda Unida, da que foi candidato a concelleiro nas últimas municipais. Os lugares e reflexións que vai aportando a andaina poden seguirse no Blog "Quijote y Rosas", que actualiza acotío

Curso preparatorio para obter o titulo de graduado en ESO en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

A Concellería de Igualdade de Gondomar, a través do Centro de Información a Muller, pon en marcha en outubro un curso preparatorio para as probas libres para a obtención do titulo de graduado en ESO. O curso conta cun total de 20 prazas, nas que terán preferencia as persoas empadroadas no concello de Gondomar. As persoas interesadas deberán inscribirse no CIM os días martes, mércores e xoves, na Casa da Cultura de Gondomar.

Para medrar nunca é tarde: inscricións en Nigrán para adultos que queiran graduarse en E.S.O.

Correo-e Imprimir PDF

Tras o éxito da primeira convocatoria, celebrada o pasado curso académico, o Concello de Nigrán organiza un novo curso preparatorio para as probas libres para a obtención do título de graduado en E.S.O. O mesmo está dirixido a homes e mulleres maiores de 18 años, preferentemente empadroados en Nigrán.

O Conservatorio de Gondomar ofrece prazas vacantes en clarinete, violín, viola e saxofón

Correo-e Imprimir PDF

O Conservatorio Elemental de Música de Gondomar oferta as últimas prazas vacantes nas especialidades de clarinete, violín, viola e saxofón. Os aspirantes deberán render unha proba de admisión para a que deben previamente inscribirse a través do teléfono 986389283. O martes 10 vence o prazo para os aspirantes a acceder aos curso de 2º, 3º e 4º. Mentres que para o curso de 1º, hai prazo ata o vindeiro venres 13 de setembro. En todos os casos as probas terán lugar no Conservatorio. O prazo de matrícula para os admitidos estará aberto do 16 ao 18 de setembro .

Convocan unha concentración diante do MARCO de Vigo contra a violencia machista.

Correo-e Imprimir PDF

Con motivo do asasinato o pasado domingo de Elisa María Abruñedo en Lavandeira (Cabanas), a Coordinadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres convoca á cidadanía a participar dunha concentración de repulsa e denuncia desta nova acción de violencia contra as mulleres. O acto terá lugar o vindeiro venres 6 de setembro ás 20 horas diante do MARCO (Rúa Príncipe), en Vigo. No mesmo terá lugar a lectura dun manifesto "coa esperanza que sexa a última vítima de violencia machista", segundo informan dende a coordinadora.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL