Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Un “Quijote” gondomareño desafía os camiños de Europa a mochila e sen cartos.

Un “Quijote” gondomareño desafía os camiños de Europa a mochila e sen cartos.

Correo-e Imprimir PDF
quijote rosas

Con pouco máis do que cabe nunha mochila, case sen cartos, mais cunha fonda determinación, Josué Villar, veciño de Mañufe (Gondomar) decidiu enfrontarse ós camiños de Europa. Cumprirá catro semanas nesta aventura persoal que o levou a aparcar o seus estudos en ciencias políticas así como os compromisos políticos na formación local de Esquerda Unida, da que foi candidato a concelleiro nas últimas municipais. Os lugares e reflexións que vai aportando a andaina poden seguirse no Blog "Quijote y Rosas", que actualiza acotío

Partiu de Mañufe o pasado 15 de agosto con 110€ no peto, dos que gastou máis da metade para achegarse a Bilbao, onde comezou unha peregrinación onde non fallan as emocións, cara a onde o vento o leve. Atravesou os Pireneos, Francia, Suíza e hai un par de días atopábase na Baviera alemá.
Os seus post diarios no blog "Quijote y Rosas", achéganos fermosos lugares do continente, dos que só se poden coñecer nunha marcha a pé. Mais sen dúbida, son as persoas que Josué vai coñecendo a media que avanza no auto-stop, as que fan dos seus relatos, verdadeiros encontros de intercambio cultural, pintando unha verdadeira e actualizada paisaxe da xeografía humana de Europa.

Dim lights Embed Embed this video on your site