Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade O Conservatorio de Gondomar ofrece prazas vacantes en clarinete, violín, viola e saxofón

O Conservatorio de Gondomar ofrece prazas vacantes en clarinete, violín, viola e saxofón

Correo-e Imprimir PDF

O Conservatorio Elemental de Música de Gondomar oferta as últimas prazas vacantes nas especialidades de clarinete, violín, viola e saxofón. Os aspirantes deberán render unha proba de admisión para a que deben previamente inscribirse a través do teléfono 986389283. O martes 10 vence o prazo para os aspirantes a acceder aos curso de 2º, 3º e 4º. Mentres que para o curso de 1º, hai prazo ata o vindeiro venres 13 de setembro. En todos os casos as probas terán lugar no Conservatorio. O prazo de matrícula para os admitidos estará aberto do 16 ao 18 de setembro .

Calendario de probas de admisión

Acceso a 1º curso: luns 16 ás 17h (inscrición ata o día 13 no Conservatorio).

.Acceso a 2º curso: mércores 11 ás 17h (inscrición ata o día 10 no Conservatorio).

 Acceso a 3º curso: xoves 12 ás 17h (inscrición ata o día 10 no Conservatorio).. Acceso a 4º curso: venres 13 ás 17h (inscrición ata o día 10 no Conservatorio).

Trala publicación dos resultados, o prazo de matrícula estará aberto do 16 ao 18 de setembro na Oficina da OMIX, sito na Casa da Cultura de Gondomar.

Para máis información e inscrición nas probas de acceso a 1º, 2º, 3º e 4º curso: www.conservatoriogondomar.net16.net,  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , ou no teléfono 986 389 283.