Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Cursos gratuítos de acompañante de transporte escolar e primeiros auxilios en #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

Primeiros-Auxilios-Cruz-VermellaA Concellería de Turismo, Cultura, Xuventude e Igualdade do Concello de Nigrán a través da OMIX e a Deputación de Pontevedra no marco de Programa Actívate 2015, organiza dous cursos de Acompañante de transporte escolar e Aplicación de técnicas de seguridade e primeiros auxilios, destinado prioritariamente a mozos e mozas de entre 16 e 35 anos empadroados en Nigrán (poderán participar persoas que non cumpran o requisito de idade ou empadroadas noutros concellos no caso de que a totalidade das prazas non fose cuberta). O curso é de balde.

Inscricións: Obradoiro comarcal de cooperativismo e servizos sociais a desenvolver en #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Ancianos-7O Concello de Nigrán en colaboración cos concellos de Baiona e Gondomar e en execución dunha iniciativa da Rede Eusumo integrada na Consellería de Traballo e Benestar, organiza este mes de xullo o obradoiro "A fórmula cooperativa nos servizos sociais" que amosará as vantaxes e particularidades do cooperativismo como o mellor modelo empresarial para impulsar proxectos de creación de empresa no ámbito da prestación dos servizos sociais dando a coñecer referentes cooperativos no sector e mostrando os recursos para impulsar este tipo de proxectos. Este obradoiro vai dirixido a todas aquelas persoas interesadas en impulsar proxectos sociais e na formación necesaria para poder realizalo con éxito.

A reforma de Balaídos detrae 20 millóns de euros máis das arcas de Vigo e a Deputación de Pontevedra.

Correo-e Imprimir PDF

08-07-Convenio-Balaidos-oriTanto a deputación como o Concello de Vigo xa tiñan comprometidos 5 millóns de euros cada un a prol da reforma do campo de fútbol de Balaídos. Na mañá deste xoves e ante a presenza do presidente do Celta, aumentaron en 10 millóns cada un a achega do erario público das súas respectivas administracións. A sinatura do convenio tivo lugar no propio Balaídos.
Louzán e o alcalde vigués, Abel Caballero, estamparon as súas firmas no documento e elixiron como escenario o mesmo centro do terreo de xogo, en Balaídos, co presidente do Celta, Carlos Mouriño, como testemuña do acordo, xunto a outras autoridades locais e a directivos de clubs de fútbol da cidade.

Obradoiro para a fabricación de xabón artesanal con zume de cenoria na Casa Colorida de #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

casa colorida edificioEste sábado 4 de xullo ás 19:00h. Didí, da Residencia Colorida, vai ofrecer un obradoiro aberto e de balde, no que fará unha demostración da fabricación de xabón artesanal con zume de cenoria

Sindicato postal advirte de retrasos nas distribucións de Correos no verán por falla de persoal.

Correo-e Imprimir PDF

2066101-CCOO insta a Correos Goberno e SEPI a rectificaren Version2O sindicato alerta que a insuficiencia de persoal que sufre o ente provocará dende atrasos na entrega da correspondencia até deixar sen reparto diario á cidadanía na época estival. Afirman que Correos ten "un verdadeiro" problema de insuficiencia de persoal. Atranco acrecentado pola redución da contratación para verán, segundo os traballadores. Nese senso advirten que os efectos na interna do ente redundarán nunha sobrecarga de tarefas para os operarios, nalgúns casos de dimensións" inasumibles". Entenden os traballadores que todo isto implica un "claro incumplimiento do servizo postal universal público".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL