Luns, 6 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Cursos gratuítos de acompañante de transporte escolar e primeiros auxilios en #Nigrán.

Cursos gratuítos de acompañante de transporte escolar e primeiros auxilios en #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
Primeiros-Auxilios-Cruz-Vermella

A Concellería de Turismo, Cultura, Xuventude e Igualdade do Concello de Nigrán a través da OMIX e a Deputación de Pontevedra no marco de Programa Actívate 2015, organiza dous cursos de Acompañante de transporte escolar e Aplicación de técnicas de seguridade e primeiros auxilios, destinado prioritariamente a mozos e mozas de entre 16 e 35 anos empadroados en Nigrán (poderán participar persoas que non cumpran o requisito de idade ou empadroadas noutros concellos no caso de que a totalidade das prazas non fose cuberta). O curso é de balde.

 

As inscricións se realizarán do 3 de agosto ata o 10 de setembro no rexistro do concello. Os cursos impartiranse nos meses de outubro e novembro.

Documentación: as persoas interesadas deberán cubrir a correspondente solicitude e adxuntar unha fotocopia do DNI.

Máis información na OMIX, Estrada pola Vía nº 65, Panxón Nigrán, Tlf: 986 383081 correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .