Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Asemblea e manifestación de CCOO en defensa da industria na comarca de Vigo

Correo-e Imprimir PDF

A Federación de Industria de CCOO convoca unha asemblea aberta para este sábado, día 13 de decembro. Terá lugar ás 10:30 no Instituto Santa Irene de Vigo. Ao remate, ás 12 h, está prevista unha manifestación desde a praza de América ata a factoría de PSA Peugeot-Citroën.

Durante a ponte unha ducia de establecementos hostaleiros ofrecerán tapas a 1€ en Panxón.

Correo-e Imprimir PDF

IMG 0602Desde a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI), ponse en marcha a 3ª edición de "Tapas Quentes" en Panxón. Son doce os locais da contorna de Panxón que se suman a esta iniciativa, que ofrecerán durante os días 4, 5, 6, 7 e 8 de decembro, diversos entrantes quentes, polo prezo dun euro a ración. No facebook de OVALMI e na web www.ovalmi.com poderanse consultar os horarios dos locais participantes.

Comezan as xornadas sobre saúde mental e emprego no Verbum de Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

xornadas empregoMáis de 150 persoas acudirán ás VI Xornadas de Saúde Mental e Emprego

O encontro, organizado por FEAFES Galicia, terá lugar mañá martes 2 de decembro no Museo Verbum de Vigo.

Na inauguración das Xornadas intervirán Marta Iglesias (PP), deputada provincial de Pontevedra, e Isaura Abelairas, Concelleira de Benestar, Igualdade e Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

OVALMI lanza a campaña “Sente o Nadal” coa que os clientes poderán gañar vales de compra de até 300€

Correo-e Imprimir PDF

sente nadal 2014O comercio local de Baiona, Gondomar e Nigrán adherido a OVALMI agasallará aos clientes con rifas para vales de compra de até 300€. A iniciativa leva 21 anos e volve coa campaña "Sente o Nadal" que premia a fidelidade aos establecementos miñoranos.

Curso gratuíto de deseño CAD Solidworks para enxeñeiros, arquitectos e técnicos en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

00116cshotO Concello de Gondomar, a través da concejalía de Mocidade e a concellaría de Formación e Emprego, pon en marcha un curso gratuíto de “Deseñador CAD en Solidworks” do 5 ao 23 de decembro dirixido a enxeñeiros, aparelladores, delineantes, arquitectos e persoal técnico que desexen obter formación neste campo e que lle permitirá contar coas capacidades necesarias para presentarse ao exame do título homologado .

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL