Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

A Cámara de Comercio de Gondomar organiza un curso de operador de camión grúa .

Correo-e Imprimir PDF

CamiongruaA Cámara de Comercio de Gondomar, en colaboración coa Concellaría de Formación e Emprego, organiza un curso formativo de operador de camión guindastre os días 1,2 e 3 de decembro de 9 horas a 14 horas no Centro Neural de Gondomar. Co obxectivo de aumentar a seguridade do alumno á hora de levar a cabo operacións de manexo do guindastre auto cargante, ofreceranse 5 horas de formación teórica e 10 de formación práctica de acordo ao real decreto 1215/97 polo que se establecen as condicións mínimas de seguridade e saúde dos traballadores que utilizan este tipo de maquinaria.

Últimos días para inscribirse nun curso formativo de limpeza industrial na OMIX de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

noticia4 3O curso está destinado preferentemente a persoas de entre 16 e 35 anos empadroadas en Nigrán e en situación de desemprego. De carácter gratuíto as solicitudes deben dirixirse á OMIX , na Estrada pola Vía Nº65, en Panxón. Estás dispoñibles o teléfono 986383081 e o correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo . O prazo remata o vindeiro 8 de novembro.

PSA Vigo dá marcha atrás e retira a proposta de reducir un 5% o salario dos traballadores

Correo-e Imprimir PDF

psa vigoA CUT apraza a folga indefinida convocada para este xoves para a próxima semana.
A dirección de PSA Peugeot Citröen de Vigo decidiu dar marcha atrás e retirou a rebaixa dun 5% do salario bruto anual e dun 50% as pagas extras dos seus traballadores tras as fortes críticas recibidas por parte do Comité de Empresa e logo da decisión da CUT de ir a unha folga indefinida.

As autovías de Portugal non perdoan. Reclama a 50.000 conductores o impago das peaxes.

Correo-e Imprimir PDF

Zona de pagamento do lanzo electrónico para as autoestradas en PortugalTrátase de sancións que se tramitaron por non xestionar de forma previa o paso polos arcos que controlan as autovías de pago en varias zonas do país veciño.

Unha empresa de Ciudad Real é a que recibiu a maior proposta de sanción, acumulando en tres anos falta de pagamentos que chegan aos 500.000 euros.

Galicia é a comunidade con máis conductores afectados.

O Concello de Oia procura tres limpadores/as para edificios públicos do municipio.

Correo-e Imprimir PDF

sta maria oia 05O Concello de Oia abre unha convocatoria para a selección laboral temporal de tres limpadores/as de edificios públicos e creación dunha bolsa de emprego. A selección laboral será de carácter temporal para levar a cabo as tarefas de limpeza da casa consistorial, a gardería, o centro de saúde e colexio público de Oia.
O contrato ten unha duración de 6 meses a tempo parcial (5 horas en horario de 15.00 a 20.00h)

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL