Martes, 23 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Unha vintena de comercios da comarca inaugurarán o domingo a feira de oportunidades “Portobelo”.

Correo-e Imprimir PDF

compra-620x350O Concello de Nigrán colabora coa asociación de Empresarios da comarca 'Ovalmi' para organizar este domingo a súa primeira feira de oportunidades, que se chama "Portobelo" e terá lugar de 11.00 a 22.00 horas no parque Torrente Ballester de A Ramallosa.

Banco de España advirte que non se poden cobrar dúas comisións polo uso dos caixeiros automáticos.

Correo-e Imprimir PDF

0-cajero-automatico1O Banco de España emitiu nesta xornada unha circular na que afirma a retirada de efectivo nun caixeiro automático "constitúe un único servizo de pago, con independencia de que se realice nun caixeiro propiedade da entidade emisora da tarxeta bancaria ou doutra entidade". En consecuencia, ese servizo "só pode orixinar o cobro dunha comisión, xa sexa pola entidade emisora da tarxeta ou pola entidade propietaria do caixeiro". Deste xeito, o ente regulador dálle un tirón de orellas ás entidades bancarias que cobran comisións pola retirada de diñeiro aos usuarios que no sexan clientes do banco. AS asociacións de consumidores á vez piden multas para as entidades que apliquen este recargo.

Comercios do Val Miñor ofrecerán este domingo artigos con descontos especiais na Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF

compras-OVALMI organiza a primeira feira de oportunidades do Val Miñor

O próximo domingo día 2 de agosto, no paseo Torrente Ballester da Ramallosa, celebrarase a 1ª Feira de Oportunidades do Val Miñor. A iniciativa de OVALMI, o evento reunirá a máis de vinte comercios da bisbarra que ofertarán os seus saldos e produtos en eidos tan diversos como calzado, vestimenta, fogar, cosmética e informática entre outros. Todos eles, con grandes descontos, segundo sinala a web da organización.

O vindeiro luns a Deputación dará coñecer as listaxes do Imposto sobre Bens Inmobles do exercicio 2015.

Correo-e Imprimir PDF

urabana-baionaA partir do vindeiro luns 3 de agosto estará dispoñibles as listaxes cobratorias do imposto sobre Bens Inmobles do exercicio 2015. As mesmas poranse ó dispor do público nos concellos da bisbarra e o resto da provincia dende o día 3 de agosto ao 3 de setembro de 2015, ambos inclusive, segundo publica nesta xornada o boletín provincial. A publicación sinala que os interesados, durante dito prazo, poderán examinen os mesmos, podendo presentar, no prazo dun mes, desde o 4 de setembro de 2015, as reclamacións procedentes perante a Tesourería da Deputación de Pontevedra–ORAL .

Organización de consumidores ofrece patrocinar reclamacións a afectados polo “cártel” das concesionarias.

Correo-e Imprimir PDF

car-saleA Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) ofrece a posibilidade de realizar unha reclamación conxunta a todos os consumidores que se viron afectados polo pacto de prezos que mantiñan 147 concesionarios de coches. Todos eles de marcas moi coñecidas condenados por "atentando contra a libre competencia". Os afectados, poden reclamar ante os tribunais directamente ou a través da OCU, tal e como informa desde o seu portal web.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL