Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Organización de consumidores ofrece patrocinar reclamacións a afectados polo “cártel” das concesionarias.

Organización de consumidores ofrece patrocinar reclamacións a afectados polo “cártel” das concesionarias.

Correo-e Imprimir PDF
car-sale

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) ofrece a posibilidade de realizar unha reclamación conxunta a todos os consumidores que se viron afectados polo pacto de prezos que mantiñan 147 concesionarios de coches. Todos eles de marcas moi coñecidas condenados por "atentando contra a libre competencia". Os afectados, poden reclamar ante os tribunais directamente ou a través da OCU, tal e como informa desde o seu portal web.

Segundo publica a organización, a fixación de prezos e o intercambio de información comercial sensible son "prácticas de cártel que moitos concesionarios das marcas máis vendidas viñeron realizando entre 2006 e 2013", e isto impediría a miles de consumidores que mercaron os seus vehículos nesas datas conseguir "bos prezos nos seus coches e aforrar elixindo ben ou negociando co seu concesionario".

A Comisión Nacional de los Mercados y  la Competencia (CNMC) sancionou a eses concesionarios das marcas impoñendo multas que superaron os 170 millóns de euros. Pero iso non resarce ao consumidor, que con todo pode reclamar danos e prexuízos.

Os consumidores afectados poden reclamar en vía xudicial os danos e prexuízos, é dicir, o desconto que non puideron gozar por este falseamento da competencia. Para entendelo mellor, a OCU explica: "si nese tempo compraches un coche Volkswagen que che custou 18.000 con desconto, pensa que si non houbese cártel o seu prezo sería máis barato, por exemplo podería ser de 17.200 euros: podes reclamar eses 800 euros de diferenza".