Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Tecnoloxía O novo corrector Imaxin Galgo 2.0 de galego xa está dispoñible para a súa descarga gratuíta.

O novo corrector Imaxin Galgo 2.0 de galego xa está dispoñible para a súa descarga gratuíta.

Correo-e Imprimir PDF
galgo

A Secretaría Xeral de Política Lingüística xa ten dispoñible para descargar o corrector de galego 'Imaxin Galgo 2.0', unha ferramenta que adiantan "facilitará" o uso do galego dentro das novas tecnoloxías. Trátase do primeiro corrector que soluciona non só erros de carácter tipográfico e ortográfico, senón tamén léxicos, que se poden atopar en textos escritos en galego.

 Durante a súa presentación a pasada semana na Cidade da Cultura, Jesús Vázquez (Cultura) asegurou que a ferramenta "favorece o uso correcto" do galego, á vez que permite a súa "aprendizaxe", dado que inclúe a corrección de léxico incorrecto en galego e suxestións.

Ao mesmo tempo, destacou, "mellora o prestixio do galego" e favorece a súa presenza nas Tecnoloxías da Información e da Comunicación, así como outras iniciativas apoiadas pola Xunta no marco do Plan Xera de Normalización da Lingua e da Axenda Dixital 2014.gal, como o Dicionario de pronuncia de lingua galega online ou a candidatura de dominio .gal.

Imaxin Galgo

O corrector Imaxin Galgo 2.0, que pode descargarse de forma gratuíta na web da Secretaría. Trátase dunha versión actualizada desta ferramenta, que presenta tres novidades fundamentais: está adaptado á normativa da Real Academia Galega de 2003, está actualizado para as novas versións de Microsoft Word para Windows e conta con versión para Mac.

A diferenza doutros programas similares, ofrece a vantaxe de solucionar, á vez que os erros tipográficos e ortográficos, outros de carácter léxico.