Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

O PP de Baiona premia a Quintas e a Vilar con duas dedicacións exclusivas

Correo-e Imprimir PDF

Vázquez Almuiña perceberá o mesmo soldo que o seu antecesor, 57.299,20 euros brutos ao ano
Os independentes cobrarán un 35% mais
que os anteriores edis con xornada completa.

O tripartito de Baiona celebrou onte o seu primeiro pleno para aprobar as retribucións do goberno. Con fortes críticas por parte a oposición e o seu voto en contra, a coalición PP-VIB- CMÃ?, deu luz verde ás dedicacións exclusivas, unha por partido. O rexedor, Xesus Vázquez Almuiña, cobrará 57.299,20 euros brutos ao ano, distribuídos en 14 pagas. Tamén terán dedicación exclusiva as áreas de Benigno Rodríguez, edil de Turismo e Manuel Vilar, responsábel de Vias e Obras. A deste último será parcial até o 1 de xaneiro. Pola sua exclusividade perceberán 47.236 euros brutos ao ano ou, o que é o mesmo, 14 pagas de 3.374 euros ao mes.


O novo goberno de Baiona sube os seus soldos un 35%

Correo-e Imprimir PDF

Concello de Baiona - Mocion de censuraO PSOE de Baiona critica a celeridade coa que o novo alcalde convocou un pleno extraordinário (3 dias antes que o ordinário), «con a única finalidade de determinar os sueldos dos seus socios». Os socialistas resaltan que Villar e Quintas cobrarán 47.236 euros anuais, «un 35 por cento mais que cando traballaban en excluvidade durante o goberno anterior».

Baiona estrea o seu quinto alcalde en cinco anos tras duas censuras.

Correo-e Imprimir PDF

M. Moralejo - La Voz de GaliciaXesus Vázquez Almuíña converteuse onte no novo alcalde de Baiona tras prosperar a moción de censura que o Partido Popular e os dous grupos independentes presentaron contra o goberno de coalición de PSOE e BNG. Tras xurar o seu cargo, o flamante rexedor anunciou que nos próximos dias renunciará ao seu cargo de director provincial do Servizo Galego de Saúde (Sergas) para se dedicar  ao Concello de Baiona, que viu como se estreaba onte o seu quinto alcalde nos últimos cinco anos. Duas eleccións e duas censuras, ambas contra o PSOE, posibilitaron dito baile na alcaldía.

  • En directo: Una ruidosa sesión plagada de insultos
  • De la Peña ofreció «in extremis» un pacto al PP
  • O PP obterá hoxe a sua terceira alcaldía por moción de censura en Pontevedra

    Correo-e Imprimir PDF
    Cinco anos transcorreron dende que a oposición de Baiona selase con un apretón de mans a moción de censura que desbancou ao PSOE da alcaldía da vila ata hoxe, cando se repetirá a mesma acción cos socialistas de novo como víctimas. Pero entre medias, ademais das duas censuras de Baiona, neste último lustro a inestabilidade política instalouse no sur da província de Pontevedra. Tan só desde as últimas eleccións municipais do 2003, catro concellos mudaran ata hoxe de alcalde, pasando en todos os casos a mans do PP mediante mocións de censura -Ponteareas, Bueu e Baiona- ou a ruptura do goberno anterior, en Vigo. Os conservadores sumaron asi a 336.493 habitantes baixo o seu control, pero ainda poden chegar a ser mais.

    Crise no goberno baionés

    Correo-e Imprimir PDF

    M.Moralejo - La voz de GaliciaO BNG abandoará o goberno o próximo dia 23 defraudado cos seus sócios do PSOE. O portavoz, Xosé Enrique Fernández, acusou onte ao alcalde, Luis Carlos de la Peña, de non ter dignidade política ao oferecer un pacto de goberno ao PP sen contar co BNG.

    Para Fernández, os socialistas son os responsábeis do xiro que dentro duns dias dará o goberno local por non ter buscado a estabilidade e estar mais pendente de cuestións partidistas. Engade que o PP non tardará mais de seis meses en se ficar en minoria.

    JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL