Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona estrea o seu quinto alcalde en cinco anos tras duas censuras.

Baiona estrea o seu quinto alcalde en cinco anos tras duas censuras.

Correo-e Imprimir PDF

M. Moralejo - La Voz de GaliciaXesus Vázquez Almuíña converteuse onte no novo alcalde de Baiona tras prosperar a moción de censura que o Partido Popular e os dous grupos independentes presentaron contra o goberno de coalición de PSOE e BNG. Tras xurar o seu cargo, o flamante rexedor anunciou que nos próximos dias renunciará ao seu cargo de director provincial do Servizo Galego de Saúde (Sergas) para se dedicar  ao Concello de Baiona, que viu como se estreaba onte o seu quinto alcalde nos últimos cinco anos. Duas eleccións e duas censuras, ambas contra o PSOE, posibilitaron dito baile na alcaldía.

  • En directo: Una ruidosa sesión plagada de insultos
  • De la Peña ofreció «in extremis» un pacto al PP
  • Esta é ademais a oitava moción de censura que se presenta en Galicia dende os últimos comicios municipais. O PP logrou as alcaldías de Ponteareas, Verea, Bueu e, onte, a de Baiona. En Verín desbancaron ao goberno local os socialistas; en A Rúa, os independentes; Carral e Sada ficaron en mans de ex populares, mentres que o PP accedeu á alcaldía de Vigo tras perder Pérez Mariño unha moción de confianza.

    Ler nova completa da Voz de Galicia