Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Nova imaxe para os comercios de Baiona

Correo-e Imprimir PDF

En Baiona, a asociación de empresarios continua dando os primeiros pasos para converter as ruas da vila nun centro comercial aberto nun prazo de tres anos.

Alguns comércios lucen xa o distintivo deste proxecto co que Aceba pretende dinamizar a economia local. As xestións para levar a cabo esta iniciativa serán retomadas polo próximo presidente, Ezequiel Simóns González, que asumirá o cargo tras a asamblea desta tarde.

Ruta dos muiños de Baredo

Correo-e Imprimir PDF

Muiños de Baredo Alejandro Martinez www.lavozdegalicia.esOs muíños de Baredo forman parte da riqueza etnográfica de Baiona e agora a concellalía de Medio Ambente propuxose recupera-los para poder sacar proveito como un recurso turístico mais do Concello.

O departamento que dirixe �ngel Rodal está a ultimar a redacción dun proxecto para a posta en valor deste ben patrimonial, que será presentado o mes que ven ao Proder II para lograr a sua financiación con fondos da Unión Europea.

4 ó 6 de Marzo Festa da Arribada.

Correo-e Imprimir PDF
Baiona deixa atrás o entroido para se centrar na celebración da Arribada do 4 ao 6 de marzo. O Concello contratou este ano ao ex-concellal de Cultura, Avelino Fernández, para poder devolver á festa medieval o rigor histórico que foi perdendo nas últimas edicións. Por este motivo, a organización imporá este ano unhas normas moito mais restritivas para impedir que o mercado medieval se converta nun descontrolado bazar. .

Ezequiel Simóns apresenta-se como candidato á presidéncia da asociación de c

Correo-e Imprimir PDF

O hosteleiro Ezequiel Simóns confirmou onte que presentará a sua candidatura para presidir a asociación de comerciantes e empresarios de Baiona (Aceba), que renovará o cincuenta por cento do seu directivo o dia 17. Este coñecido empresario estará acompañado na lista por Juan Carlos González, de Baitra, que xa foi presidente en funcións fai dous anos.

Ezequiel Simóns, ex concellal de Turismo polo PP, busca apoios entre os comerciantes «para que a nosa voz se ouza no Concello e se atiendan con carácter prioritario as nosas necesidades, como mais prazas de aparcamento, mellorar os servizos básicos ou apoiar a criación de novas infraestructuras».

Belesar están satisfeitos porque por fin se vai pór a segunda pedra

Correo-e Imprimir PDF

Os viciños de Belesar están satisfeitos porque por fin se vai pór a segunda pedra do seu centro cultural. Esperan que despois da segunda se poña a terceira e asi até completar todo o edifício que algun dia dará cobijo á sua banda, a escola de música e as corais.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL