Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Baiona promove a construcción de 45 vivendas de protección

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Baiona promove a construcción de vivendas de protección autonómica no polígono dos Tendais. Asi o deron onte a coñecer fontes municipais que, por outra parte, adiantaron que xa se enviou ao BOP o prego de cláusulas para a contratación das 45 primeiras vivendas destinadas a censados no município e, de forma especial aos xoves de menos de 35 anos.

Para a sua adxudicación valorarase o número de fillos que teñan ao seu cargo asi como os maiores e incapacitados que formen parte da unidade familiar. As vivendas sairán á venda a un prezo de 90.152 euros e para a sua adquisición se ofertarán créditos a baixo interese.

Crise no goberno baionés

Correo-e Imprimir PDF
M. MORALEJO - La voz de GaliciaVilar vaise do goberno de Baiona ao sentirse ignorado polo alcalde
O portavoz de CM� inteirabase pola prensa das xestións do seu sócio, Carlos de la Peña
Di que o rexedor nunca lles reunía para analizar o funcionamento do pacto de goberno

Oficina de Turismo Aberta todo o Ano

Correo-e Imprimir PDF

A secretaria de información da praia Ribeira permanecerá aberta durante todo o ano, segundo o acordado na última xuntanza do organismo autónomo Turismo de Baiona. Esta entidade aprobou ademais convocar un concurso público para actualizar a páxina oficial do Concello www.baiona.org

As empresas de Baiona poderán participar en Expogalaecia gratuítamente

Correo-e Imprimir PDF

O organismo autónomo local de Turismo de Baiona asistirá á feira Expogalaecia, que se celebrará en Vigo do 29 deste mes ao 1 de novembro. O vicepresidente desta entidade e concellal de Turismo, Manuel Vilar Márquez, informa que as empresas e organismos do Concello que estean interesados en se dar a coñecer neste certamen deben remitir o seu material publicitario ao Centro de Atención ao Turista. Este departamento municipal está ubicado na Casa Carvajal, na rua Ventura Misa, 17 e o seu horario de apertura ao público é de nove da mañá as duas da tarde.

Un parque público de 10.000 metros e espazo para vivendas sociais

Correo-e Imprimir PDF

O desenvolvemento urbanístico dos terrenos colindantes coa avenida urbana de Sabarís xerará novo chan público polo dez por cento de aproveitamento lucrativo que deben ceder  os promotores.

O goberno municipal pretende aproveitar este espazo para a construcción de o redor dun centenar de vivendas de protección e adecuar zonas verdes ou deportivas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL