Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Baiona sen reservas de auga

Correo-e Imprimir PDF

O suministro de auga en Baiona está garantido por un mes e vinte dias
O encoro de Bahíña, que fornece ao núcleo urbano e a Sabarís, está ao 15% da sua capacidade.

A escasa reserva de auga no encoro de Bahíña que, nestes momentos está ao 15 por cento da sua capacidade total, levou Ã³ equipo de goberno baionés a por en marcha unha série de iniciativas. Como medida urxente, estes dias comezará unha campaña de sensibilización entre a ciudadanía para promover un uso responsable do recurso hidráulico mediante unhas recomendacións que se distribirán nos buzóns.

Festa da Arribada

Correo-e Imprimir PDF

Hoxe comeza a Festa da Arribada en Baiona.

O serviola anuncia a cercanía de terra firme. TERRAAAAAAAAAAAAA

� o primeiro día do mes de marzo do ano do Señor de 1493. A carabela Pinta arriba o porto de Baiona. A nave que manda Martín Alonso Pinzón é a primeira en tornar da viaxe de Colón. Plantas, animais, enseres e homes das terras de indias chegan por vez primeira ó Vello Continente. "Bayona" convértese asín no primeiro pobo de Europa en coñecela existencia do Novo Mundo.

Mostra de materiais

Correo-e Imprimir PDF

Alumnos do Instituto Primeiro de Marzo de Baiona prepararon unha exposición sobre os diferentes materiais que se usan nos productos da vida cotidiana. Esta actividade foi coordinada pola profesora María Loureiro, do departamento de Tecnoloxía, e axudará a comprender aos estudiantes o proceso de creación de obxectos de uso comun. Explicase, por exemplo, a fábrica das moedas da Unión Europea.

A Consellería de Cultura financia con 18.000 euros a festa Da Arribada

Correo-e Imprimir PDF
O conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Xesus Pérez Varela, manifestou onte, na presentación da Arribada que «Baiona é un emblema dó turismo galego e a Festa da Arribada é unha ocasión especialmente propicia para achegarse a esta localidade». O acto incluiu a sinatura de dous convenios entre o alcalde de baiona, Xesus Vázquez Almuiña e Xesus Pérez, a través dos que a Consellería aportará 18.000 euros para a organización desta festa.

Pasarela Gaudí Século XV

Correo-e Imprimir PDF

O auditorio de Baiona acolleu na tarde de onte un desfile medieval, como aperitivo ao que terá lugar nas ruas baionesas durante a festa da Arribada, programada do 4 ao dia 6 do próximo mes de marzo.

Os deseños do século XV, que luciron os improvisados modelos (homes e mulleres), foron confeizoados a man polas modistas baionesas Marily Pereira, Nuria González e Chiña Lemos. Destacaron os brocados, veludos, sedas e pasamanería, segundo o estilo da época. Participaron no desfile meio centenar de persoas, todas elas da vila e o auditorio apresentaba case un cheo. A Asociación Amas de Casa de Baiona encarregou-se da organización.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL