Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona 4 ó 6 de Marzo Festa da Arribada.

4 ó 6 de Marzo Festa da Arribada.

Correo-e Imprimir PDF
Baiona deixa atrás o entroido para se centrar na celebración da Arribada do 4 ao 6 de marzo. O Concello contratou este ano ao ex-concellal de Cultura, Avelino Fernández, para poder devolver á festa medieval o rigor histórico que foi perdendo nas últimas edicións. Por este motivo, a organización imporá este ano unhas normas moito mais restritivas para impedir que o mercado medieval se converta nun descontrolado bazar. .

Só se permitirá a instalación dos postos do Concello, co que a oferta do mercado está reducida á metade. O Concello premiará ademais aos comerciantes que contribuan coa ambientación medieval nos postos onde, como medida de seguridade non se poderá cociñar

Por segundo ano consecutivo, a Arribada celebraráse sen que estexa en Baiona a réplica da Carabela «La Pinta» rompendo así o compromiso do goberno local que prometeu recuperala para a celebración.