Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O PP de Baiona premia a Quintas e a Vilar con duas dedicacións exclusivas

O PP de Baiona premia a Quintas e a Vilar con duas dedicacións exclusivas

Correo-e Imprimir PDF

Vázquez Almuiña perceberá o mesmo soldo que o seu antecesor, 57.299,20 euros brutos ao ano
Os independentes cobrarán un 35% mais
que os anteriores edis con xornada completa.

O tripartito de Baiona celebrou onte o seu primeiro pleno para aprobar as retribucións do goberno. Con fortes críticas por parte a oposición e o seu voto en contra, a coalición PP-VIB- CMÃ?, deu luz verde ás dedicacións exclusivas, unha por partido. O rexedor, Xesus Vázquez Almuiña, cobrará 57.299,20 euros brutos ao ano, distribuídos en 14 pagas. Tamén terán dedicación exclusiva as áreas de Benigno Rodríguez, edil de Turismo e Manuel Vilar, responsábel de Vias e Obras. A deste último será parcial até o 1 de xaneiro. Pola sua exclusividade perceberán 47.236 euros brutos ao ano ou, o que é o mesmo, 14 pagas de 3.374 euros ao mes.


Ler nova completa da Voz de Galicia