Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

I xornada provincial de amas de casa

Correo-e Imprimir PDF

Asociación de Amas de Casa e Consumidores Rías Baixas de Baiona, organiza o vindeiro 6 de outubro no hotel Bahía de Baiona as I xornadas provinciais de amas de casa.

    O programa da xornada se detalla a seguir:
  • 10:30 horas. Inauguración das xornadas, a cargo da Secretaria Xeral de Igualdade, Dona Carmen Adán Vilamarín e o alcalde de Baiona Don Xesús Vázquez Almunia.
  • 11:00 horas. Mesa redonda: Conciliación da vida familiar, laboral e persoal: Experiencias de mulleres.
      Intervirán :
    • Aurora Carro Páramo, empresaria. Presidenta da asociación de estancos de Lugo e provincia.
    • Nieves Cuellar Redondo. Concelleira de Saude Pública, consumo do Concello de Pontevedra.
    • Teresa Lopez Fernández conductora de autobús na empresa ATSA

Noces e mel na romaría de San Cosmes e San Damián en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
A Concellería de Cultura do Concello de Baiona ultima os preparativos da tradicional Romaría de San Cosme e San Damián que terá lugar na nosa vila os vindeiros LUNS 25 e MARTES 26 de setembro, máis coñecida popularmente como a “Festa do mel e das noces”.

Nestes días oficiaranse actos relixiosos na honra dos Santos e como obriga a tradición, algúns romeiros ofrecen ós Santos en agradecemento polos favores recibidos, productos do campo, figuras de cera e donativos. 
Durante dous días montarase na Praza de Santa Liberata un mercadiño onde se poderán comprar todo tipo de productos do campo así como mel, noces, froita, embutidos, artesanía, etc.

Apertura do prazo de matrícula na Escola de Música Municipal de Baiona

Correo-e Imprimir PDF
A Escola de Música Municipal de Baiona, abre o prazo de matrícua para o vindeiro curso 2006/2007 dende o vindeiro luns 4 de setembro ata o 22 do mesmo mes. Tódolos interesados deberán realizala mesma en horario de 10:00-14:00h da mañá na oficina da Concellería de Cultura de Baiona. 
Poderán matricularse para este curso, nenos e nenas a partir de 4 anos e adultos sen límite de idade, nas seguintes materias: Música en movemento, teatro, baile de salón, canto, piano, acordeón, violín, viola, violonchelo, trompeta, trompa, trombón, tuba, frauta, oboe, corno inglés, guitarra, saxofón, gaita, clarinete, percusión, percusión tradicional.

Portos de Galicia colocará pantaláns para embarcacións menores no Porto de Ba

Correo-e Imprimir PDF
Esta actuación conta cun orzamento de 836.000 euros e un prazo de execución de seis meses.

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, a través de Portos de Galicia, ven de adxudicar as obras de colocación de pantaláns para embarcacións menores no porto de Baiona, en Pontevedra. Esta actuación conta cun orzamento de 835.850,21 euros e un prazo de execución de seis meses.

As obras a executar consisten fundamentalmente na modificación e ampliación dos pantaláns que se atopan emprazados entre o peirao pesqueiro e o pantalán da Pinta. Estes pantaláns flotantes estarán realizados en estructura de aluminio, piso de madeira e flotadores de formigón que se ancorarán por medio de pilotes de chapa de aceiro.

Vázquez non apoia que se faga en Baiona a depuradora de Vigo

Correo-e Imprimir PDF
Fonte - Varios
O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, confirmou onte persoalmente que non ten intención de apoiar a proposta do goberno local de Vigo para situar en Baiona unha depuradora para os seis concellos do sur da ría. Nos últimos días difundíronse informacións relativas á postura crítica da Xunta con este proxecto, situación que onte quedou definitivamente aclarada, en véspera da reunión que hoxe manterán en Santiago Corina Porro e Manuel Vázquez.

>> Opine no foro sobre o proxecto da depuradora en Silleiro


JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL