Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Os socialistas denuncian vertidos en toda a fronte litoral

Correo-e Imprimir PDF
6Fonte - A Voz de Galicia
O PsdeG-PSOE de Baiona criticou onte que toda a fronte litoral do municipio sufriu vertidos de augas residuais directamente ao mar durante este verán. Afirman que a marisma do Miñor sufriu este tipo de contaminación á altura do casino e na ponte do cámping. No Burgo e en Santa Marta vértese directamente ao río e no peirao pesqueiro, non só no verán, senón ao longo de todo o ano. Na Concheira producíronse tamén vertidos esporádicos e o mal estado do emisario submarino que parte do paseo Pinzón contaminou as augas da praia.

Benigno Rodríguez cesado como concelleiro de Turismo de Baiona

Correo-e Imprimir PDF
J. Lores - Faro de VigoFonte - La Voz de Galicia
Benigno Rodríguez Quintas foi destituido polo alcalde popular Almuiña oir una "perda de  confianza" deixando o seu goberno en minoría . Pola outra banda Benigno asegurou onte que non levará a cabo ningunha oposición destrutiva e que o seu grupo continuará apoiando ao goberno municipal naquelas cuestións que, por sentido común, consideren que sexan positivas para Baiona.

José Blanco ofrece esta tarde unha conferencia na Capitanía

Correo-e Imprimir PDF
 
Fonte - La Voz de Galicia
O secretario de organización da executiva xeral do PSOE, José Blanco , pronunciará hoxe xoves unha conferencia no edificio da Capitanía Marítima ás oito da tarde. Será presentado polo seu amigo persoal, o portavoz municipal do PSOE e candidato á alcaldía, Carlos da Peña .

O dirixente socialista fará un repaso da xestión do goberno central o pasado exercicio e valorará e dará claves para entender o apaixonante curso político que se abre despois do verán

Unha cooperativa baionesa optará ás vivendas protexidas de Sabarís

Correo-e Imprimir PDF
Fonte - Faro de Vigo
Vinte e nove parellas integran Baiona Sociedade Cooperativa Galega de Vivendas para concursar polas parcelas dos Peri III e IV da Avenida de Sabarís, que se destinarán á construción de pisos de protección autonómica. A empresa xestora de cooperativas Fercano, con experiencia en proxectos como os de Navia en Vigo, asesora a este grupo de veciños do municipio baionés.
Os cooperativistas poderían acceder ás leiras con maior facilidade que as promotoras, xa que a finalidade social da súa unión outórgalles preferencia sobre as empresas inmobiliarias en igualdade de condicións, segundo explica Bárbara Fernández, gerente da firma asesora. Por ese motivo, Fercano reuniu aos socios en poucos días. As necesidades de vivendas a prezo asequible para os xóvenes no municipio fixo que as 29 parellas adherísense ao proxecto enseguida.

Oscar Pereiro, turista de honra en Baiona

Correo-e Imprimir PDF

MarcaA Concellería ía de Turismo de Baiona que dirixe Benigno Rodríguez Quintas, celebrará o día 17 de Agosto o Día do Turista, coa intención de dedicalo a nosos visitantes e nesta segunda edición tamén ós veciños, xa que é grazas a eles, á súa dedicación en aspectos gastronómicos, turísticos e de ocio, a que fai que os turistas permanezan fieis á Vila.

Desenrolarase ó longo do día un amplo programa de actividades, tales como visitas guiadas con presentación teatral, reparto de globos e caramelos entre os máis pequenos,… entre unha serie de actuacións que inda se están a xestionar. Como peche deste día, terá lugar a Festa da Queimada, con degustación gratuíta para tódolos que se acheguen á Praza do Concello, podendo a súa vez disfrutar de diversas actuacións musicais, que darán un ambiente de festa a esta noite tan especial.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL