Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Oscar Pereiro, turista de honra en Baiona

Oscar Pereiro, turista de honra en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Marca

A Concellería ía de Turismo de Baiona que dirixe Benigno Rodríguez Quintas, celebrará o día 17 de Agosto o Día do Turista, coa intención de dedicalo a nosos visitantes e nesta segunda edición tamén ós veciños, xa que é grazas a eles, á súa dedicación en aspectos gastronómicos, turísticos e de ocio, a que fai que os turistas permanezan fieis á Vila.

Desenrolarase ó longo do día un amplo programa de actividades, tales como visitas guiadas con presentación teatral, reparto de globos e caramelos entre os máis pequenos,… entre unha serie de actuacións que inda se están a xestionar. Como peche deste día, terá lugar a Festa da Queimada, con degustación gratuíta para tódolos que se acheguen á Praza do Concello, podendo a súa vez disfrutar de diversas actuacións musicais, que darán un ambiente de festa a esta noite tan especial.

Dese xeito y para apadriñar este día, o Organismo Autónomo Local de Baiona quere recoñecer a Óscar Pereiro, ciclista finalista no Tour de Francia, coa Carabela de Ouro ó Mérito, por lograr transmitir co seu esforzo e a súa madeira de líder na competición uns valores de deportividade e tesón incomparables.

Como novidade este ano contaremos con dous pregoeiros de excepción: Rafael Durán, veciño de Baiona e presentador de televisión, e Rubén Riós, protagonista da serie de moda de TVG “Libro de Familia”, que conseguiu a fama grazas ó seu papel de “Marquiños” na mesma.