Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Comezan os preparativos para a festa da Anunciada en Baiona

Correo-e Imprimir PDF

Os vindeiros días 4, 5 e 6 de agosto terán lugar en Baiona as Festas da Anunciada 2006, organizada pola Concellería de Cultura e Xuventude do Concello de Baiona.

Dende a Concellería de Cultura de Baiona se abren as inscricións para todas aquelas persoas maiores de 16 anos que queiran participar nos tradicionais pasarrúas dos Xigantes e Cabezudos de Baiona e para concursar nas CUCAÑAS MARÍTIMAS da Festa da Anunciada 2006 que terán lugar o domingo 6 agosto no múelle pesqueiro ás 11:00h da mañá.

Dese xeito, a partir de hoxe todolos carruseis e postos ambulantes que queiran participar na Festa da Anunciada 2006, deberán solicitalo en impreso oficial e abonar as taxas correspondente no Concello de Baiona en horario de 10:00-13:00h.

Unha parada de autobús perto de Povisa

Correo-e Imprimir PDF

O grupo de goberno do Concello de Baiona aprobará no vindeiro Pleno do día 27 de xullo unha moción pola que se pide a creación dunha nova parada no Concello de Vigo para facilitalo acceso dos baioneses e miñoranos en xeral ó Centro Médico de Medicina Especializada, Clínica POVISA.

Aproximadamente o 80% dos usuarios de esta liña acoden o Centro Médico Povisa, ben sexa coma doentes ou como acompañantes. E gran parte deles son doentes de avanzada idade e con graves limitacións físicas.

Torneos de Verán en Baiona 2006

Correo-e Imprimir PDF

A Concejalía de deportes, organiza co patrocinio de Termo chip, Vila Rosa, Hotel Bahia Bayona, Hotel Pinzón, Geriátrico Vila do Conde e Coca Cola un verán máis, os Torneos de Verán 2006.

Dentro da programación deportiva deste presente verán do 2006 e dentro do planificación deportiva do Deporte para todos, a concejalía de deportes do concello de Baiona oferta unha ampla variedade de alternativas de lecer e deporte dirixido a todos os sectores da poboación onde o denominador común de devandita oferta centralízase na participación, recreación e sobre todo o propoñer eventos para o goce en familia do deporte e o tempo libre.

Fin de semán cultural en Baiona

Correo-e Imprimir PDF

Noticia 100208O Concello de Baiona programa o calendario de actuacións para este fin de semán.
Co gallo da festividade de Santa Liberata, hoxe  no concello de Baiona programa os seguintes actos.

  • Campamento Urbán Aventurate. Praza do Concello de 11 a 13:00h
  • Inauguración do Cruceiro Glorieta de Colón e Rúa Marqués de Quintanar 18:30h
  • Misa Solemne ás 20:00h na Excolexiata de Baiona e acto seguido Procesión

Mañá venres Concerto da Banda de Música de Baiona na Praza do Concello ás 22:30h da man do seu director Gabriel Rodríguez.
O sábado turno para a Vocal Tempo-Música cubana que ofrecerá un concerto na Praza do Concello ás 23:00h 

Unha empresa pecha praia da Barbeira para facer unha festa privada

Correo-e Imprimir PDF

Fonte . - La Voz de Galicia
O Concello abrirá unha investigación e non descarta penalizar aos organizadores.
Dous vixiantes impediron o acceso aos areais a quen non portasen unha invitación.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL