Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Unha parada de autobús perto de Povisa

Unha parada de autobús perto de Povisa

Correo-e Imprimir PDF

O grupo de goberno do Concello de Baiona aprobará no vindeiro Pleno do día 27 de xullo unha moción pola que se pide a creación dunha nova parada no Concello de Vigo para facilitalo acceso dos baioneses e miñoranos en xeral ó Centro Médico de Medicina Especializada, Clínica POVISA.

Aproximadamente o 80% dos usuarios de esta liña acoden o Centro Médico Povisa, ben sexa coma doentes ou como acompañantes. E gran parte deles son doentes de avanzada idade e con graves limitacións físicas.

A causa máis frecuente é acudir a unha consulta externa con especialista ou a realizar probas diagnósticas. A atención no Servizo de Urxencias é moi habitual. Tamén cada día é máis frecuente o ser tratados en clínica de día, recibindo o alta o mesmo día da intervención co que as molestias soen ser frecuentes.

Outra das razóns son os ingresos hospitalarios para diagnóstico e tratamento.

É por todo isto que o Concello de Baiona solicita ó Concello de Vigo e á concesionaria do transporte Atsa a creación desta parada nas confluencias da Gran Vía coa rúa Salamanca, que facilitaría o acceso a tódolos doentes a este servizo tan esencial.

Dende o Concello se contactará cos Concellos de Nigrán e Gondomar e coa Mancomunidade do Val Miñor para que poidan tomar acordos similares.