Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Comezan os preparativos para a festa da Anunciada en Baiona

Comezan os preparativos para a festa da Anunciada en Baiona

Correo-e Imprimir PDF

Os vindeiros días 4, 5 e 6 de agosto terán lugar en Baiona as Festas da Anunciada 2006, organizada pola Concellería de Cultura e Xuventude do Concello de Baiona.

Dende a Concellería de Cultura de Baiona se abren as inscricións para todas aquelas persoas maiores de 16 anos que queiran participar nos tradicionais pasarrúas dos Xigantes e Cabezudos de Baiona e para concursar nas CUCAÑAS MARÍTIMAS da Festa da Anunciada 2006 que terán lugar o domingo 6 agosto no múelle pesqueiro ás 11:00h da mañá.

Dese xeito, a partir de hoxe todolos carruseis e postos ambulantes que queiran participar na Festa da Anunciada 2006, deberán solicitalo en impreso oficial e abonar as taxas correspondente no Concello de Baiona en horario de 10:00-13:00h.

    Programa Festas da Anunciada Baiona 2006 
    Venres 4 De Agosto
  • 10.00 horas. Salvas (12 Bombas De Palenque).
  • 20:30 horas. Festival Internacional De Piano Fib Baiona 2006-Concerto A Dúo De Piano E Violín Por Jorge Prego E Katalin Viszmeg Na Praza Do Concello.
  • 22.30 Horas. Verbena A Cargo Da Orquestra "Ciudad De Vigo".
  • 24:30 Horas. Verbena A Cargo Da Orquestra "Rebeca".

 

    Sábado 5 De Agosto
  • 11.00 Horas. Salvas (12 Bombas De Palenque).
  • 11.05 Horas. Pasarrúas Dos Xigantes E Cabezudos- Acompañados Polo Grupo De Gaitas "Os Tunantes" De Baiona.
  • 12:00 Horas. Pregón De Apertura Das Festas Da Anunciada 2006 A Cargo Do Presidente Do Comité Olímpico Español D. Alejandro Blanco.
  • 12.15 Horas. Concerto Da "Banda De Música Municipal De Baiona" Na Praza Pedro De Castro.
  • 18.00 Horas. Regatas De Gamelas Anunciada 2.006 "Pescapuerta'06" (Clasificatorias Homes E Mulleres). Inscripcións No Pavillón De Deportes.
  • 20.00 Horas. Misa Solemne Na Igrexa Sta. María (Ex Colexiata) Cantada Polo "Coro De Homes De Baiona", E Acto Seguido Terá Lugar A Procesión Polas Rúas Da Vila Coa Participación Da "Banda De Música De Baiona" E Coa Actuación Da Tradicional "Danza Das Espadas".
  • 22.30 Horas. Verbena A Cargo Da Orquetra "Solamérica" No Parque Da Palma.
  • 24:00 Horas. Fogos De Lucería A Cargo Da Pirotécnia Argimiro Alborés.
  • 24:30 Horas. Continúa A Verbena Coa Orquestra "Ismael Monteagudo" No Parque Da Palma.

 

    Domingo 6 De Agosto
  • 10.30 Horas. Salvas( 12 Bombas De Palenque).
  • 10.30 Horas. Pasarrùas De Xigantes E Cabezudos- Acompañados Polo Grupo De Gaitas "Os Tunantes" De Baiona.
  • 11.00 Horas. Cucañas Marítimas No Porto Pesqueiro (Inscrición Na Concellería De Cultura De Baiona).
  • 11.30 Horas. Regata De Gamelas Anunciada 2006 "Pescapuerta 06" Finais Homes E Mulleres.
  • 20:30 Horas. Festival Internacional De Piano Fib Baiona 2006-Concerto A Dúo De Piano Por Ignacio Prego E Miguel Campinho, Na Praza Do Concello.
  • 22.00 Horas. Verbena A Cargo Da Orquestra "Ciudad De Cristal" No Parque Da Palma.