Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona I xornada provincial de amas de casa

I xornada provincial de amas de casa

Correo-e Imprimir PDF

Asociación de Amas de Casa e Consumidores Rías Baixas de Baiona, organiza o vindeiro 6 de outubro no hotel Bahía de Baiona as I xornadas provinciais de amas de casa.

    O programa da xornada se detalla a seguir:
  • 10:30 horas. Inauguración das xornadas, a cargo da Secretaria Xeral de Igualdade, Dona Carmen Adán Vilamarín e o alcalde de Baiona Don Xesús Vázquez Almunia.
  • 11:00 horas. Mesa redonda: Conciliación da vida familiar, laboral e persoal: Experiencias de mulleres.
      Intervirán :
    • Aurora Carro Páramo, empresaria. Presidenta da asociación de estancos de Lugo e provincia.
    • Nieves Cuellar Redondo. Concelleira de Saude Pública, consumo do Concello de Pontevedra.
    • Teresa Lopez Fernández conductora de autobús na empresa ATSA

 

  • Moderador: Adolfo González Pino. Concelleiro de Igualdade de Xénero e Participación Cidadá do Concello de Baiona .

  • 12:00 Pausa
  • 12:30 “Recursos Públicos en materia de conciliación“. A cargo de Victoria Rey Mariño . Asesora en Políitcas de Igualdade na Vicepresidencia de Igualdade e de Benestar .
  • 14:00 xantar no hotel Bahía Bayona
  • 17:00 :”Depresión e Ansiedade “ a cargo de Isauro Gomez Tato . Psiquiatra
  • 18:30 Clausura: Lorenzo Pousa Estevez . Xefe de atención Primaria en Baiona
  • E para rematar actuará o grupo de pandereteiras Os Gharabullos de Baiona .

 

As persoas interesadas en participar na xornada , que é totalmente gratuita deben inscribirse ata o vindeiro luns día 25 nol teléfono 659627288 – 636065434 ou tamén poden facelo no Centro de Información á Muller de Baiona