Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Portos de Galicia colocará pantaláns para embarcacións menores no Porto de Ba

Portos de Galicia colocará pantaláns para embarcacións menores no Porto de Ba

Correo-e Imprimir PDF
Esta actuación conta cun orzamento de 836.000 euros e un prazo de execución de seis meses.

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, a través de Portos de Galicia, ven de adxudicar as obras de colocación de pantaláns para embarcacións menores no porto de Baiona, en Pontevedra. Esta actuación conta cun orzamento de 835.850,21 euros e un prazo de execución de seis meses.

As obras a executar consisten fundamentalmente na modificación e ampliación dos pantaláns que se atopan emprazados entre o peirao pesqueiro e o pantalán da Pinta. Estes pantaláns flotantes estarán realizados en estructura de aluminio, piso de madeira e flotadores de formigón que se ancorarán por medio de pilotes de chapa de aceiro. A disposición en planta adáptase á existente nos pantaláns do porto, facendo unhas modificacións para adecuar dita ampliación á demanda existente e, así mesmo, mantendo, dentro do posible, a separación entre pantaláns para embarcacións deportivas e pesqueiras.

Para facer fronte á altísima demanda de prazas de atraque para embarcacións deportivas de menos de seis metros de lonxitude, para as que as instalacións náutico deportivas dentro do porto non teñen prazas dispoñibles, proponse prolongar o pantalán deportivo actual ata un punto intermedio entre o seu extremo actual e o pantalán da Pinta. Saíndo dese punto sacarase outro pantalán paralelo ao da Pinta e, polo tanto, tamén paralelo á primeira prolongación que fora realizada con anterioridade no pantalán pesqueiro.

No pantalán pesqueiro tamén se realizará unha pequena ampliación e se mellorarán as condicións de traballo no mesmo xa que todas as embarcacións terán atracada por medio de brazos de amarre.