Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Noces e mel na romaría de San Cosmes e San Damián en Baiona

Noces e mel na romaría de San Cosmes e San Damián en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
A Concellería de Cultura do Concello de Baiona ultima os preparativos da tradicional Romaría de San Cosme e San Damián que terá lugar na nosa vila os vindeiros LUNS 25 e MARTES 26 de setembro, máis coñecida popularmente como a “Festa do mel e das noces”.

Nestes días oficiaranse actos relixiosos na honra dos Santos e como obriga a tradición, algúns romeiros ofrecen ós Santos en agradecemento polos favores recibidos, productos do campo, figuras de cera e donativos. 
Durante dous días montarase na Praza de Santa Liberata un mercadiño onde se poderán comprar todo tipo de productos do campo así como mel, noces, froita, embutidos, artesanía, etc. O programa de actividades é o seguinte:

Luns 25 de Setembro
10:00. Tirada de bombas de palenque
18:00. Misa na capela de Santa Liberata
20:00. Misa na Igrexa parroquial
20:45. Actuación do grupo musical Acirema na praza de Santa Liberata

Martes 26 de Setembro
8:00. Misa na capela de Santa Liberata
9:00. Misa na capela de Santa Liberata
10:00 Misa na Igrexa parroquial
10:00 Tirada de 6 bombas de palenque
11:00 Misa na Igrexa parroquial
11:00 Procesión na honra de San Cosme e San Damián polas ruas principais da Vila ata as 12:15 onde terá lugar na Ex-colexiata a Santa Misa
12:15 Misa na Ex-colexiata
13:15 Actuación do grupo de pandereiteiros Os Gharabullos de Baiona na praza de Santa Liberata
20:45 Pasarrúas a cargo da agrupación folclórica Airiños da lagoa de Bahiña na praza de Santa Liberata