
Carlos Alberto Libanio Christo, coñecido como Frei Betto pola súa condición de frade dominico, é un dos intelectuais brasileiros de referencia a nivel mundial. Escritor prolífico, educador, xornalista, antropólogo, filósofo... conta cunha traxectoria vital marcada, desde diferentes eidos, polo seu compromiso social. Nacido en Belo Horizonte, no seo dunha familia de clase media, estudou xornalismo, ademais de antropoloxía, filosofía e teoloxía, converténdose nun referente para a Teoloxía da Liberación en Brasil, movemento católico de loita contra a pobreza e as inxustizas.