Baixo o lema LUME NUNCA MÁIS. O NOSO MONTE IMPORTA, os diferentes colectivos que conforman este comité fai unha chamada ás institucións e á sociedade civil galega para que tomen conciencia das medidas urxentes que o comité reclama no documento de BASES EN DEFENSA DO MONTE GALEGO
Dende 1988 até hoxe en Galicia, segundo datos oficiais, téñense producido máis de 100.000 incendios forestais, que queimaron máis de 500.000 Has. de monte, das que preto de 200.000 Has. eran arboradas. Desde 1995, hai uns 10.000 incendios ao ano, un incendio por cada 2 Km2 de superficie forestal (a media estatal é dun incendio por cada 25 Km2). En Galicia, co 7,7 % da superficie forestal española, acontecen o 45% de todos os incendios e está un 30% da superficie forestal afectada. A metade do número de incendios e da superficie queimada da nosa terra adoitan concentrarse na provincia de Ourense.
O monte é un sector estratéxico para o desenvolvemento sutentábel de Galicia. Os incendios causan graves prexuízos ecolóxicos, sociais e económicos. Seguen a ser un dos principais problemas da nosa terra. Son a marea negra dos montes.
Vexan tamén unha notica anterior sobre os incendios no Val Miñor.
Mais información actualizada desta convocatoria no seu blog.
O Comité en Defensa do Monte Galego foi creadoado polas seguintes organizacións:
Amigos da Terra, Asociación de Criadores de Ovino e Caprino (OVICA), Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Asociación Profesional de Axentes Forestais de Galicia (APRAFOGA), Bloque Nacionalista Galego (BNG), Confederación Intersindical Galega (CIG), Esquerda Unida-Izquierda Unida (EU-IU), Federación Ecoloxista Galega (FEG), Fundación Xermán Estévez para a Protección da Natureza, Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (OGMVMC), Sindicato Labrego Galego (SLG), Sindicato Nacional de Comisións Obreiras (CCOO) de Galicia, Sociedade Deportiva Sindrán, Sociedade Galega de Historia Natural, Terreo Cinexeticamente Ordenado (TECOR) "Os Castros", Unión General de Trabajadores (UGT-Galicia), Unión de TECORES de Galicia (UNITEGA).