O IGADI inicia intercambios coa Academia de Ciencias Sociais de China Co obxectivo compartido de dar un novo impulso aos estudos chineses en Galicia, o IGADI e a Academia de Ciencias Sociais de China inician esta semana un primeiro intercambio de expertos, en virtude do cal, o profesor Zhu Lun, pasará a desempeñar, por espazo de tres meses, labores de colaboración co Observatorio da PolÃtica China, ubicado no IGADI, en Baiona.
O profesor Zhu Lun é un dos maiores expertos chineses na problemática das minorÃas nacionais e investigador-catedrático no Instituto de EtnoloxÃa e AntropoloxÃa de Beijing. Ã? autor de numerosas obras e un estudoso dos problemas de gobernabilidade en paÃses con minorÃas nacionais. Ten traducidas tamén algunhas obras españolas ao chinés, entre elas, “El magnÃfico señor don Cristóbal Colón”, de Salvador de Madariaga.
Dende hai uns anos afonda no coñecemento do estado das autonomÃas, para acometer un estudo comparativo das diversas polÃticas existentes nesta materia. A presenza do profesor Zhu Lun dará un impulso ás actividades do Observatorio da PolÃtica China, unha iniciativa do IGADI que conta co apoio de Casa Asia, un consorcio formado polo Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación e a Generalitat de Catalunya.
Este Observatorio, aÃnda que radicado en Galicia, é de ámbito estatal e o primeiro de España.
Máis información: 986 357 238
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo