Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor SABELA BERNÃ?RDEZ IÃ?ARREA PRESENTA O SEU LIBRO - A VIRTUDE E OUTRAS MISERIAS

SABELA BERNÃ?RDEZ IÃ?ARREA PRESENTA O SEU LIBRO - A VIRTUDE E OUTRAS MISERIAS

Correo-e Imprimir PDF

Presenta: Carlos Méixome, director do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) 
Lugar: Galería Chroma (Av/ Florida 34) Vigo
Día: Venres 14 de outubro ás 20.30 horas

Sabela Bernárdez Iñarrea (1977) criouse en Coia (Vigo). Pronto d
escubriu o pracer polo sustantivo e encamiñouse cara o xornalismo. A súa andadura profesional comezou no Faro de Vigo, pasando por medios como Atlántico Diario ou a Revista Eco. Caracterizouse pola súa versatilidade, traballando como coordenadora de bisbarras ou levando un suplemento universitario. Pero sempre sen esquecerse do seu afán literario, colaborando con diversas revistas culturais. Despois achegouse ao mundo empresarial, traballando na actualidade no departamento de Comunicación dunha entidade punteira en tecnoloxía, TLR. 

Na súa primeira obra, “A Virtude e Outras Miserias”, esta viguesa afincada en Mañufe (Gondomar), move o seu pincel polo intimismo do mar e das olladas detrás das fiestras. Descubre personaxes onde a miseria convértese en virtude e todo se fusiona, ao igual que a poesía e a prosa.

O libro está ilustrado con obras do recoñecido pintor Mingos.