Respecto de Gondomar, o representante do depósito afirma que a súa depuradora funciona ao 80 por cento, o que mantén a Foz do Miñor como "zona C" desde fai meses.
Vázquez Almuiña pide aos concellos veciños que "cumpran o seu parte" neste asunto e recorda que Baiona destina todos os fondos procedentes da Deputación, o Estado e as consellerías da Xunta a saneamento. "Baiona depende en gran parte da calidade das súas augas, pero non é a única responsable da situación", recalca.