Alarma social, preocupación dos mariscadores por non poder traballar e non recibir axudas coma no Prestige. Pero o tema resulta curioso cando isto xa o viñan anunciando varios colectivos ecoloxistas dende fai tempo, moi distinto ao do prestige que ainda que foi un accidente previsible non era unha evidencia e realidade coma ésta, despois de que o marisco da zoa pasara a ser de categoría C.
Ainda lembro de pequeno recoller cadelucha en Panxón, cun caldeiro pequeno de praia, e cun mar calmo coma un prato. Daquela non era furtivismo, era para consumo propio na casa, como fixeran os meus pais e os meus avós. De toda a vida. Agora tes que ter carné (porque hai pouco marisco) e tes que pasar a mercancía por depuradora. A iso lle chamo eu mellorar na calidade de vida.
Volvendo ao de antes, estes grupos ecoloxistas viñan avisando que a ría de Vigo é un vertedeiro incontrolado, denunciado pola Unión Europea (que parece que son os únicos que defenden aos veciños, por moita xustiza que paguemos e moito valedor que teñamos) e a ainda o queren enxurrar máis coa desfeita dos famosos puntos da ría que moito tempo atrás ven mencionando Salvemos Monteferro na súa web.
Istás son as consecuencias de un urbanismo salvaxe e fóra de control, sen preocupación polos servizos básicos que miden a calidade de vida dos veciños da comarca, que xustamente é a principal lanza turística do concello de Baiona. E por moito que diga Manuel Villar (Coalición Miñorana) que a "culpa de todo isto é de Nigrán e Gondomar", o señor Villar ten que agachar a cabeza públicamente e admitir que a culpa disto tamén é del, por pasar de puntillas por este tema cando era alcalde na vila mariñeira e daquela Baiona tamén fedía mal.
O mal da ría de Vigo non é culpa de Nigrán e Gondomar por moito que quera enfrontar aos veciños, o mal de Baiona é culpa dos alcaldes de Baiona, de Nigrán, de Gondomar, de Vigo, de Redondela, de Vilaboa, de Cangas, de Moaña....e de todos os concellos que enlazan os seus emisarios á ría.
E isto é así, o pan dos mariñeiros estánllo quitando, pero isto xa ven depois de moitos avisos, de moitas denuncias, de varias manifestacións, e agora aos que nos sorprende é aos que nos puxemos no seu día detrás dunha pancarta para protestar precisamente por isto.
Pasou en Moaña, un veciño denunciaba directamente ante a Unión Europea a situación vergoñenta do emisario da súa localidade que vertía a merda sen depurar directamente ao mar....e tivo que acudir á Union Europea porque os nosos alcaldes argumentan o asunto con que "non pasa nada, o mar traballa muito"... i é certo que o mar traballa muito pero o problema é que son os alcades os que traballan pouco.
Uns concellos, con presupostos anuais que rondan preto dos 20 millóns de euros,... que gastaron eses presupostos e que ainda están endeudados noutros tantos. Onde se invertiu todo ese diñeiro?.... agora temos que preguntarllo a Xunta? a Unión Europea? por que non llo preguntamos aos mesmos alcaldes que están agora tirando balóns fora no asunto, e póndose do lado dos veciños coma se eles fosen víctimas tamén do asunto, e amósanse incrédulos de que algo así ocorrese en Baiona.
Dim lights Embed Embed this video on your site
É que como todos sabemos os ecoloxistas son uns alarmistas... o cambio climático, iso a saber que é, ...ciencia ficción dalgún biólogo pirado que non ten outra cousa que facer....pero agora dámosnos conta de que non é tal conto e a cousa vai máis rápida do que pensabamos......Pois quizais os ecoloxistas non sexan o suficientemente alarmistas porque se non a xente xa estaría na rúa pondo aos políticos "a cair dun burro" por estragar o pouco que queda, "o pan" de eses mariñeiros que defenden agora.
Nigran, verte merda dende sempre, dende que non tiña depudadora, dende que non era suficiente, dende que a que está ten o emisario roto, e segue sendo insuficiente....e logo o alcalde quería incrementar o dobre de vivendas e Avelino en 150.000 Cojonudo. A OCU, dixo na súa revista que o estado de limpeza das súas praias era dos peores... e iso o sabe o alcalde, pero tampouco importa. E os veciños denunciaron fai pouco as deficiencias dun servizo de recollida que pouco máis está compartido entre Baiona e a Guarda.
Gondomar, o mesmiño conto. O caso é que en vez de tirar a merda no mar a tira directamente ao río Miñor para que vai deixando coliformes ata a Foz, onde está o marisqueo. E logo defenden a súa impecable xestión municipal.
E Baiona, por moito que Villar e Almuiña tiren balóns fora, é tan culpable deste desastre como o resto. Baiona, porque non ten depuradora dende sempre, só teñen un lamentable "maquineto" debaixo do paseo de Pinzón, que apesta, e que non funciona.
Só temos que achegarnos á desembocadura do río do Burgo para ver o precioso espectáculo da escuma flotando na auga e deixando os limos sospeitosos en todas as rochas. Ou a Baredo para ver como o cada vez que no Rocamar se tira da cisterna do water resoan as cañeiras pegadas con cemento por riba das rochas.
O mesmiño que ocorre no precioso Club Nautico de Panxón. Todo un espectáculo sonoro.
Baiona, é o municipio que PEOR, e digo ben, O PEOR servizo de recollida de residuos urbáns ten do Val Miñor sómentes tes que achegarte a ver os contenedores de Sabarís, Belsar,... e ver que están rotos, son insuficientes, xamáis foron limpados, e os sitios onde están colocados son un foco de moscas, gatos e ratas...porque a maioría non teñen nin tan siquera tapa.
A culpa non é dos veciños, señores alcaldes, nin da Xunta, nin do goberno central, nin da Unión Europea.... a culpa é única e exclusivamente súa porque vostedes preséntanse a unhas eleccións como xestores, como defensores dos intereses cidadáns, como os "Cids Campeadores" e os "Robin Hoods" da política municipal... e vostedes son os mesmos que terían que estar chamando ás portas de cada consellería pedindo unha solución, vostedes son os mesmos que terían que avisar aos veciños de si é que a Xunta non lles fai caso para que os veciños o saiban e fagan presión, vostedes son os mesmos que terían que realizar estudos e facer pública unha situación que verdadeiramente é de alarma social, vostedes son os mesmos que terían que pedir o apoio dos colectivos da comarca para presionar e por fin a situación.....
Se vostedes tiveran vontade de solucionar o problema terían que haber feito algo disto e non fixeron nada, máis que aguantar o chaparrón e a ver que pasa, e se pasamos de puntillas polo aunsto sen facer moito ruido millor. Que do que se trata aquí é de pasar desapercibido para que nas seguintes eleccións volvan a votalo. Con V e non con B.
De que serve gastar 70 millós de presuposto en turismo para conseguir que a xente veña ás nosas praias se para cando cheguen van a atopar unha bandeira que impide bañarse porque a auga está contaminada?
Iso é literalmente tirar có diñeiro e ten un nome INCOMPETENCIA POLITICA, e fálta de sensiblidade mediombiental. E iso que todos os alcaldes son de curriculum. Doutores, licenciados, economistas,.....ainda que algúns se enteiraran da noticia hoxe pola prensa, ou se o sabían non querían recoñecelo. A iso lle chamo eu interesarse polos problemas dos cidadáns.
O que si me gustaría é leer na prensa que na seguinte caravana pola defensa do litoral da ría de Vigo estean integradas as cofradías de pescadores, os mariscadores, e os mariñeiros e todos os veciños do Val Miñor, porque efectivamente o que está en xogo é o seu pan e o das práximas xeracións. Pero tamén está en xogo a nosa reiqueza e o noso patrimonio natural.
Dos alcades xa non espero nada, porque xa teño claro que isto non vai con eles.