Mércores, 16 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O Concello estreará nunha semana os novos bombeos

O Concello estreará nunha semana os novos bombeos

Correo-e Imprimir PDF
Bahía de Baiona

As novas estacións de bombeo que duplicarán a capacidade de impulsión das augas residuais entrarán en funcionamento dentro dunha semana. Os rexedores locais visitaron onte o transcurso das obras en compañía dos representantes da Confraría. O orzamento desta actuación ascende a 464.764 euros e foi financiado pola consellería de Medio Ambiente en colaboración co Concello de Baiona.

O alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, afirmou que

 

con esta actuación perseguen eliminar por completo as verteduras de augas fecais á ría e que no ano 2009, coa apertura da futura estación depuradora en Cabo Silleiro, confían en lograr o saneamento integral do municipio.
O patrón maior, Jesús López Méndez, afirmou onte que
a renovación das estacións de bombeo en Baiona supón un paso moi importante, pero dixo que os pescadores non estarán do todo satisfeitos ata que non vexan que este tipo de actuacións leven a cabo nos municipios veciños de Nigrán e de Gondomar, que tamén están a contaminar a ensenada.

 

Continúa en La Voz de Galicia