Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O BNG considera un despropósito a adxudicación das obras anuladas

Correo-e Imprimir PDF
O edil do BNG de Nigrán, Xan Lois Cabreira, considera un despropósito que o goberno adxudique as obras que foron anuladas pola consellería de Medio Rural, posto que a Xunta xa non poderá financialas.

Os nacionalistas critican que os regidores locais non foron capaces de conseguir investimentos significativos da Xunta en dous anos e medio e que ahore protesten pola anulación dunhas obras licitadas tres días antes das eleccións autonómicoas. O BNG  recorda que o pago ía realizarse en tres anualidaes e pregúntanse se ía haber que esperar ata o 2007 para reparar os desperfectos nos viales polas obras de saneamiento.

O PSOE pide transparencia na tramitación do PXOU

Correo-e Imprimir PDF
 Grupos económicos vinculados co sector inmobiliario están comprando terreos en determinadas zonas do Concello de Nigrán a poucos meses da aprobación do plan xeral. Esta situación fai sospeitar ao grupo municipal socialista que poidan dispoñer de información privilexiada sobre posibles recalificaciones de terreos. 

O ex-alcalde de Nigrán, Manuel Rial Cadaval, esixiu onte ao goberno municipal a máxima transparencia na tramitación do plan para acabar coa desconfianza que xerou entre os veciños a falta de información pública sobre este documento.

Nigrán reclama a Baiona o abono de 100.000 euros polo trasvase de auga

Correo-e Imprimir PDF
O Concello de Baiona deberá afrontar un importante gasto por mor da seca do pasado verán. O Concello de Nigrán reclámalle o abono de 100.000 euros polo fornezo de auga entre os meses de marzo e agosto. O apoio do municipio, a través do que a vila real recibiu auga procedente do embalse vigués de Zamáns, impediu que a presa de Baíña secásese por completo.

Medio Rural abre unha investigación en Monteferro ante unha nova tala

Correo-e Imprimir PDF
Panorámica de Nigrán con Monteferro en primer planoA comunidade de montes arrasa unha parte da contorna de Serra e asegura que dispón de permisos.
 Alejos: "Hai que pelar ou monte porque a madeira está podre"

A polémica urbanística de Monteferro crece cada día. As discrepancias políticas sobre o proxecto do amplo vial de acceso á cima e a tala ilegal do Rapón deixan paso agora a un novo conflito. 
A comunidade de montes da zona cortou todas as árbores dunha parcela da zona de Serra, na párte norte do monte. Aínda que o presidente da sociedade mancomunada, Manuel Alejos, asegura que dispón de permisos para levar a cabo devandita tala, a Consellería de Medio Rural iniciou unha investigación sobre o asunto.
As normativas da administración autonómica e do concello prohiben a curta de arbolado se non se realiza por entresaca ou mondado.

Corenta veciños recorren o proxecto do xeriátrico de Panxón

Correo-e Imprimir PDF
Un total de 40 veciños asinaron as 17 alegaciones presentadas en contra da construción dun geriátrico privado fronte á praia Madorra. O proxecto está promovido pola Fundación San Rosendo e o alcalde está disposto a outorgar a licenza a pesar do rexeitamento social que xerou, a tallante oposición dos seus socios de goberno do PINN e as dúbidas existentes sobre a súa adaptación ás normas urbanísticas. 

O edificio previsto ten unha altura de 11,98 metros e a parcela está dentro da ordenanza número 6, onde só se permiten vivendas dunha altura máxima de 6 metros. Os técnicos municipais xa se pronunciaron en contra do proxecto no ano 2002 e agora o regidor, Alfredo Rodríguez, quere facer valer outros informes realizados por especialistas alleos ao Concello e pagados pola Fundación San Rosendo para xustificar o permiso municipal.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL