Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Corenta veciños recorren o proxecto do xeriátrico de Panxón

Corenta veciños recorren o proxecto do xeriátrico de Panxón

Correo-e Imprimir PDF
Un total de 40 veciños asinaron as 17 alegaciones presentadas en contra da construción dun geriátrico privado fronte á praia Madorra. O proxecto está promovido pola Fundación San Rosendo e o alcalde está disposto a outorgar a licenza a pesar do rexeitamento social que xerou, a tallante oposición dos seus socios de goberno do PINN e as dúbidas existentes sobre a súa adaptación ás normas urbanísticas. 

O edificio previsto ten unha altura de 11,98 metros e a parcela está dentro da ordenanza número 6, onde só se permiten vivendas dunha altura máxima de 6 metros. Os técnicos municipais xa se pronunciaron en contra do proxecto no ano 2002 e agora o regidor, Alfredo Rodríguez, quere facer valer outros informes realizados por especialistas alleos ao Concello e pagados pola Fundación San Rosendo para xustificar o permiso municipal. http://www.lavozdegalicia.es/ed_vigo/noticia.jsp?TEXTO=4322786