Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Nigrán continuará endebedándose para financiar os seus proxectos de desenvolvemento

Correo-e Imprimir PDF

O goberno municipal de Nigrán dedicará o próximo ano máis de dez millóns de euros a investimentos. Os dous primeiros anos do mandato de Alfredo Rodríguez estiveron dedicados a mellorar a cobertura de servizos básicos de saneamiento e auga potable e en diante a política municipal centrarase na humanización e urbanización das rúas. 

O rexidor afirmou que co aumento de ingresos derivados da posta en marcha do plan xeral e do polígono de Porto do Molle, as arcas municipais poderán estar saneadas en poucos anos.

O plan xeral punta do iceberg dos intereses económicos locais

Correo-e Imprimir PDF
Publicado A Nosa Terra
A empresa Oficina de Planeamento da Coruña encárgase de redactar un Plan Xeral de Ordenación Municipal para Nigrán que en principio xa foi presentado ás espaldas da corporación e do pobo de Nigrán. Este será o primeiro Plan en vigor nese concello do Val Miñor.

A pesar de estar exposto a tensións urbanísticas moi fortes como consecuencia da súa localización no litoral, Nigrán era dos poucos concellos do seu tamaño que se rexía polas Normas Subsidiarias de Planeamento. En xeral, os municipios deste tipo dispoñen dun Plan Xeral, aínda que en fase de adaptación ás leis do solo de carácter autonómico e estatal.

O bipartito promoverá un plan contra a especulación urbanística a pé de cost

Correo-e Imprimir PDF
El correo gallegoA racionalización do crecemento residencial preto das costas, promovendo o asentamento en zonas máis afastadas, e a diminución do volume edificábel, son obxetivos fundamentais dun plan para impedir a destrucción ambiental do litoral galego, que será controlado ademais coa creación dunha Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. Así o avanzou este xoves no Parlamento o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, logo da pregunta do voceiro do BNG, Carlos Aymerich, que lembrou o recente acoso a un concelleiro nacionalista en Nigrán despois das súas denuncias sobre presuntas especulacións urbanísticas nesa zona.

A ocultación do Plan Xeral xera fricciones no goberno de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
As disidencias entre os socios de goberno de Nigrán -PP e PINN- increméntanse cada día. Xa non só aparecen en torno a proxectos puntuais como o porto deportivo de Panxón ou a residencia da terceira idade na mesma parroquia. A tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) desata grandes discrepancias entre populares e independentes e ata no seo de ambos partidos. O portavoz do Partido Independente de Nigrán, Avelino Fernández, mostrou onte o seu malestar polo "secuestro" do Plan Xeral por parte do alcalde, Alfredo Rodríguez, e o concelleiro de Urbanismo, o tamén independente Carlos Quintas, o pasado venres, día 9.

Avelino Fernández sospeita que hai especuladores no municipio

Correo-e Imprimir PDF

O líder do PINN cre que non informar do documento á corporación foi un erro político.
O portavoz do Partido Independente de Nigrán, Avelino Fernández, cualificou onte como «un erro político» a decisión do alcalde de remitir o plan xeral á Xunta para o seu informe previo sen dalo a coñecer antes aos membros da corporación. O líder do grupo da dereita máis votado de Nigrán afirmou que este feito «foi unha desconsideración cara aos corporativos e especialmente cara a nós, que somos os seus socios de goberno».

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL