Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O concello conclúe obras por valor de 2,6 millóns en Panxón

Correo-e Imprimir PDF
O Concello de Nigrán anunciou onte a finalización de obras na parroquia de Panxón nas que a administración local investiu 2,6 millóns de euros ao longo do último ano.
Así o asegurou o concelleiro de Infraestructuras e Servizos, Antonio Fernández Comesaña, que recordou ademais a recente adjudicación das obras de humanización na rúa Jesús Espinosa -nas que se investirán 240.000 €, ou a partida de 360.000 euros destinada a mellorar os accesos e acondicionar o mirador de Monteferro.

As obras de saneamiento en Ceán e Dehesa empezarán en xaneiro

Correo-e Imprimir PDF
O alcalde de Nigrán, Alfredo Rodríguez Milleiros, e o primeiro tenente alcalde, Antonio Rodríguez Comesaña, reuníronse recientemente cos veciños de Dehesa e Ceán para anunciarlles o inicio das obras de instalación do alcantarillado a mediados do próximo mes de xaneiro. 

A actuación ten un importe de 150.000 euros e é froito dun convenio asinado durante o anterior mandato autonómico e que agora foi respectado polo novo executivo galego.

O servizo de atención ao emigrante atendeu a 90 persoas en seis meses

Correo-e Imprimir PDF

A. Martinez - La Voz de GaliciaA metade dos usuarios que foron á oficina da estación de Panxón buscaba emprego  Con espírito emprendedor
O servizo de atención ao emigrante de Nigrán atendeu a preto de 90 persoas desde que entrou en funcionamento en xullo deste ano.
A edil de Asuntos Sociais, Aurora Carbajal, renovará próximamente o convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para seguir mantendo o punto de información e asesoramiento xurídico e socio laboral nos locais da antiga estación do tranvía de Panxón.

O BNG solicitou que se suspenda a comisión informativa sobre os orzamentos

Correo-e Imprimir PDF
O BNG solicitou que se suspenda a comisión informativa sobre os orzamentos que está convocada para hoxe martes porque os concelleiros non tiveron o tempo establecido legalmente para examinar a documentación. A convocatoria foi remitida o venres pola tarde e o sábado pola mañá as dependencias municipais para recoller a documentación estaban pechadas, segundo constatou o edil nacionalista, David Giráldez. Este portavoz cre que o alcalde debería convocar unha nova comisión informativa de contas noutra data e garantir desta forma que os membros teñan á súa disposición a documentación do orzamento como mínimo durante dous días hábiles.

O alcalde de Nigrán rebate as acusacións fronte o PXOM

Correo-e Imprimir PDF
O alcalde de Nigrán, Alfredo Rodríguez, asegurou onte que a súa intención ao remitir o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) á Xunta sen debate previo cos seus socios de goberno e o resto da corporación foi a de "cumprir os trámites establecidos".

Alfredo Rodríguez aclarou, "nin eu nin o edil de Urbanismo, Carlos Quintas, vimos o documento; só coñecemos as directrices xerais que fixamos entre ambos grupos de goberno ao comezo da lexislatura".

Asegurou Rodríguez que o equipo redactor entregou o documento ao concello o 9 de decembro e que foi enviado "o mesmo día" á administración autonómica para que valore a viabilidad da súa aplicación.


JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL