Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O BNG solicitou que se suspenda a comisión informativa sobre os orzamentos

O BNG solicitou que se suspenda a comisión informativa sobre os orzamentos

Correo-e Imprimir PDF
O BNG solicitou que se suspenda a comisión informativa sobre os orzamentos que está convocada para hoxe martes porque os concelleiros non tiveron o tempo establecido legalmente para examinar a documentación. A convocatoria foi remitida o venres pola tarde e o sábado pola mañá as dependencias municipais para recoller a documentación estaban pechadas, segundo constatou o edil nacionalista, David Giráldez. Este portavoz cre que o alcalde debería convocar unha nova comisión informativa de contas noutra data e garantir desta forma que os membros teñan á súa disposición a documentación do orzamento como mínimo durante dous días hábiles.

www.lavozdegalicia.es