Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán As obras en nigrán seguen a bo ritmo.

As obras en nigrán seguen a bo ritmo.

Correo-e Imprimir PDF
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte
As obras no litoral no concello de Nigrán están a transformar o seu frente litoral. Despois de que a Demarcación de Costas de Pontevedra escomezou a recuperacion das dunas ó final do paseo de Panxón, o servicio de obras do concello estivo reforzando o talud na praia de Patos que o temporal derrubou este inverno. Neste momento as obras escomezaron no entorno da praia de a Madorra e Area Fofa.

Nesta última, o Ministerio de Medio Ambiente, a través da Dirección de Xeral de Costas, está a recuperar  o frente desta praia. As obras consisten na instalación dunha pasarela de madeira e rampas de acceso ó areal con acceso para persoas con discapacidade e o contrachapado do muro de formigón en pedra para mellorar a súa estética e integración co entorno.

Na praia de A Madorra, a brigada de obras do concello empezou a trasladar o cadro eléctrico da estación de bombeo. Despois de que se traslade o cadro eléctrico, Costas demolerá a caseta existente e acometerá a construcción dun pequeno paseo litoral e unha rampa de pedra de acceso ó areal, mellorando significativamente este espacio.

As actuacións no litoral de máis envergadura tamén continuan na súa fase de elaboración a bo ritmo. Para a elaboración do sendeiro litoral na península de Monteferro a zona foi visitada por Cristina de Paz-Curbera, Xefa da Demarcación de Costas de Pontevedra, Antonio Iglesias, Xefe do Servicio de Proxectos e Obras, e varios concelleiros do Goberno Municipal. Según indicou o Xefe de Proxectos, nestes momentos enviáronse a Madrid os pregos para a contratación da redacción do proxecto do sendeiro litoral.

O Goberno Municipal do concello de Nigrán confía en que os habitantes e visitantes do Concello poderán disfrutar este verán das significativas melloras que se están a producir. “O apoio recibido das administracións do estado son o froito das xestións feitas polo actual goberno municipal que está traballando a reo para cambiar este concello e dignificar a xestión política”.