Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Comezan as obras de recuperación da zona dunar en Lourido

Comezan as obras de recuperación da zona dunar en Lourido

Correo-e Imprimir PDF

O luns 28 de xaneiro de 2008 comenzaron as obras que levan a cabo a Demarcación de Costas de Pontevedra despois das reunións levadas a cabo con Dona Cristina de Paz, Xefa de Demarcación de Costas de Pontevedra e o Subdirector General de Costas en Madrid para por en marcha proxectos presentados polos Concelleriros de Urbanismo, Juan A. González e Medio Ambiente, Juan Hermida.

Entre as obras que se están executando atópanse a continuación do proxecto de recuperación das Dunas de Panxón (enfrente as pistas deportivas das Dunas de Gaifar) que ven desenvolvendo nos últimos anos o Ministerio de Medio Ambiente no Concello de Nigrán con resultados altamente satisfactorios na recuperación do ecosistema dunar.

En esta reordenación urbanística e medioambiental do litoral de Nigrán recuperouse un espazo no campo de fútbol de Lourido ocupado por uns vellos vestiarios en estado ruinoso e con grave perigo de derrumbe.

Nos seguintes días comenzarán as obras  nas praias de Area Fofa e A Madorra, ambas as dúas na parroquia de Panxón que se centraran na recuperación do areal (con aportacións de area para contrastar a erosión que se está a producir), a limpeza da praia así como a recuperación medioambiental do espacio da Estación de Bombeo, que se derrubará e se construirá un paseo a beira da praia da Madorra. En canto a Area Fofa, recuperarase o areal, instalarase un pequeño paseo de madeira, a instalación dunha barandilla de protección a praia, e o acondicionamento dos accesos peonís ó areal.

 A recuperación medio ambiental destes espacios e a conservación dos mesmos son en palabras dos concelleiros “as accións necesarias para compatibilizar o respeto e conservación do medio natural co seu uso como recurso turístico”.