Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O concello creará un observatorio de aves na Foz e un sendeiro litoral por Monteferro

O concello creará un observatorio de aves na Foz e un sendeiro litoral por Monteferro

Correo-e Imprimir PDF
Os concellais de urbanismo e medioambiente na reunión co subdirector Xeral de Costas do Estado

Os concelleiros de Urbanismo e Medio Ambiente do concello de Nigrán, Juan González e Juan Hermida respectivamente, foron recibidos polo subdirector Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente, Miguel Velasco, no seu despacho de Madrid. O obxetivo da reunión foi pechar o acordo que o pasado mércores acadaron coa Xefa da Demarcación de costas de Pontevedra, Cristina de Paz, en relación coas actuacións que a Xefatura de costas realizará no litoral nigranés.

Con carácter inmediato e baixo o prograna de conservación, acometerase a recuperación mediambiental das praias de Area Fofa e Madorra. Accións consistentes na recuperación dos bancos de area, mellora dos accesos á praia e acondicionamento do entorno.

En Praia América, a Dirección Xeral de Costas continuará co programa de recuperación dunar, e finalmente, estudiarán a execución dun observatorio de aves no esteiro de A Foz, aproveitando unha edificación en ruinas no entorno do paseo que circunda o espacio dentro da Rede Natura 2000, na parroquia de a Ramallosa.

O Subdirector Xeral de Costas recibiu tamén con entusiasmo a elaboración dun proxecto de execución dun sendeiro litoral na península de Monteferro e a reordención do frente litoral de Panxón e Praia América, para o que a Dirección Xeral de Costas encargará unha asitencia técnica.