Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Concello de Nigrán reforza os taludes na praia de Patos

O Concello de Nigrán reforza os taludes na praia de Patos

Correo-e Imprimir PDF
Obras de colocación dun muro de pedra de contención en Patos
A acción do mar neste inverno derrubou parte do sendeiro que se sitúa detrás da Residencia de Tempo Libre que a Xunta de Galicia ten en Patos. Para mellorar a estabilidade do talud e acondicioar o estado do mesmo, o concello de Nigrán procedeu nas últimas semanas co desbroce da vexetación existente o que permitirá a limpeza e rexeneración do talud. Ademáis, as zonas inestables e con risco de derrube, reforzaranse cun muro de pedra. Tralas obras de reforzo e acondicionamento rexenerarase a vexetación e a franxa costeira desta praia recuperará gran parte do seu valor natural.

Asimesmo nestes días, operarios municipais retiraron un antiguio emisario recuberto de formigón que atravesaba a praia ata adentrarse no mar. 

“A presencia de estructuras en desuso e o abandono no estado de conservación do litoral non é compatible cunha posta en valor das características mediambientais dos noso litoral así como tampouco é compatible coa concepción dun municipio que basea a meirande parte do seu atractivo turístico nas súas praias”, afirma o concelleiro de Medio Ambiente Juan Hermida. 

O Concello de Nigrán ven así a sumarse ás obras de mellora do litoral que se están realizando xunto ás que a  Demarcación de Costas de Pontevedra está a desenvolver en Praia América.