Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Alfredo Rodríguez, Antonio Fernández irán a xuizo por unha irrgularidade urbanística en Nigrán

Alfredo Rodríguez, Antonio Fernández irán a xuizo por unha irrgularidade urbanística en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Segundo publica o Faro de Vigo , a construción da escola cerámica en chan protexido levará ao anterior alcalde de Nigrán, o conservador Alfredo Rodríguez, ao actual concellal de Unión Centrista Antonio Fernández e o ex concellal de vias e obras do desaparecido PINN José Comesaña , ao banco dos acusados por un presunto delito urbanístico.

A Fiscalía formalizará nos próximos días a acusación por un delito contra a ordenación do territorio. Unha vez que as partes acudidas cualifiquen os feitos, solicitarase a apertura de xuízo oral.

A pena máxima por este tipo de delitos está fixada en 3 anos de prisión e outros tantos de inhabilitación, polo que ante a ausencia de antecedentes penais o ex rexedor de Nigrán, se fose condenado, podería eludir o seu ingreso no cárcere.
 

Continúa en Faro de Vigo