Luns, 9 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Un empresario infiltrado gravou como os concelleiros de Gondomar lle extorsionaban

Un empresario infiltrado gravou como os concelleiros de Gondomar lle extorsionaban

Correo-e Imprimir PDF
P ex concellal de cultura ofreceu ao promotor máis solares en Gondomar.
Un vídeo gravado cunha cámara oculta no botón da chaqueta dun empresario infiltrado e a incautación de 120 billetes de 500 euros. Estas son as probas esgrimidas pola Fiscalía no escrito de acusación que acaba de elevar ao xuíz e no que implica a dous ex concelleiros de Gondomar e a un arquitecto de Vigo na extorsión a unha promotora que quería asinar tres convenios urbanísticos co Concello.

O suposto cobro de 900.000 euros en comisións ilegais por parte destes dous edís do PP é o primeiro caso de corrupción urbanística que a Xustiza destapa en Galicia grazas a un confidente que pillou in fragati aos presuntos autores das extorsiones a promotoras.

Continúa en El Pais