Luns, 9 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Os dous ex edís de Gondomar acusados de suborno enfróntanse a 4 millóns de multa

Os dous ex edís de Gondomar acusados de suborno enfróntanse a 4 millóns de multa

Correo-e Imprimir PDF
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte
Os dous ex concelleiros do goberno de Gondomar José Luís Mosquera e Alejandro Gómez, así como a noiva do primeiro, Belén Fernández, e o arquitecto vigués Borja Ramilo, non irán a prisión pero deberán facer fronte a multas millonarias que suman en total case 5 millóns de euros se son condenados polos delitos de suborno que lles imputa a Fiscalía de Ordenación do Territorio.

Os catro foron detidos o 14 de febreiro deste ano por suposta corrupción urbanística en Gondomar tras recibir un primeiro cobro duns 50.000 euros do promotor Manuel Rodríguez, que denunciou que reclamaban á empresa que representa 180.000 euros para a construción legal de 66 chalés na leira A Pousa de Fontán e actuou como gancho da Xustiza.

O fiscal Juan Carlos Aladro impútalles a cada un deles tres presuntos delitos de suborno, pois á actuación da Pousa de Fontán, en Mañufe, engade esixencias similares de diñeiro a outros promotores na Leira Clemente (cerca do río Miñor entre Mañufe e Gondomar) e o Polígono 10, no centro urbano de Gondomar, a cambio de garantías para os seus investimentos urbanísticos no PXOM, que estaba en fase de redacción.

Continúa no Faro de Vigo